Os alumnos e alumnas de 4º ESO e 1º de Bacharelato do IES de Tomiño participaron na Semana Branca dende o 28 de febreiro ata o 7 de marzo.
A Semana Branca é unha actividade organizada polo Departamento de Educación Física, na que reciben cursos intensivos de esquí ou snowboard. Para realizar esta actividade desprazáronse ata a estación de Vallnord (Andorra).
Experiencia audiovisual sobre igualdade de xénero protagonizada por rapaces e rapazas de 3º da ESO do IES de Tomiño (Galiza). Ideada e dirixida por Marta Piñeiro a partir dunha iniciativa do Concello de Tomiño para o Día Internacional das Mulleres de 2014.
Aprendendo a cambiar o conto from alterei on Vimeo.
CAMPO A TRAVÉS DE MOS
Excelente actuación dos deportistas representantes do IES Tomiño na competición Campo a Través de Mos celebrada o 30 de novembro de 2013
Clasificación por equipos
Equipo IES Tomiño
1º posto na categoría Cadete Masculino
Clasificacións individuais
Nahom Álvarez Ramos-1º posto Cadete Masculino
Brais González Pacheco-2º posto Cadete Masculino
David Burgos Argibay-4º posto Cadete Masculino
Laura Vaquero Quinteiro-3º posto Cadete Feminino
Martín Meneses Álvarez-4º posto Infantil Masculino
Tristán Aguiar Losada-6º posto Infantil Masculino
Mención especial a Iria Rodríguez Huertas que competiu polo seu club e obtivo o 1º posto na categoría Cadete Feminino
NORABOA CAMPIÓNS !
VIAXE DE FIN DE ESTUDIOS DO ALUMNADO DE 4º DE ESO
DO IES DE TOMIÑO
NOTA INFORMATIVA:
A viaxe a Londres terá lugar entre os dias 16 e 21 de xuño.
A viaxe está contratada coa axencia de viaxes de El Corte Inglés.
Nos seguintes documentos atoparedes a información que nos proporciona a axencia de viaxes sobre as datas e horas de saída, o aloxamento ou o seguro:
OLLO: É importante que lembredes que precisades ter o voso pasaporte en regra para realizar a viaxe. Se aínda non o tedes , deberedes tramitalo antes do 20 de maio, máis ou menos, segundo a información que nos proporciona a axencia.