Equipo directivo

COMPOÑENTES DO EQUIPO DIRECTIVO 2021/2022

 

EQUIPO DIRECTIVO 2021/2022

 

DIRECTORA:CRUZ GARRIDO DAVILA

XEFE DE ESTUDOS: HÉCTOR LAGO ALMEIDA

SECRETARIA: ROCÍO VEIGA VILLAR

VICEDIRECTOR: JOSÉ LUIS LECHUGA IGLESIAS

Enquisa de convivencia escolar 2023

Enquisa de diagnose da convivencia 2023

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pon en marcha este curso académico a IV macroenquisa de diagnose da convivencia escolar, dirixida ao conxunto da comunidade educativa galega (alumnado a partir de 5º de educación primaria, profesorado, persoal non docente e familias).

Para que as familias poidan participar, o procedemento é o seguinte:

1. O alumnado levará aos seus domicilios un impreso cunha clave ou código.

2.  A nai / pai / responsable accederá ao sitio web onde se atopa a enquisa https://edu.xunta.gal/convfamil

3. Para finalizar premerá o botón enviar e a enquisa quedará realizada.

  * O prazo remata o vindeiro 22 de maio

 

 

Charlas universidade e ciclos

Nesta semana, un grupo de exalumnas e exalumnos do noso IES reuniuse (presencialmente e online) co noso alumnado actual de 2º de Bac para falar da súa experiencia universitaria, do amor polos seus estudios, das dúbidas iniciais, de como superar os obstáculos... dando unha visión real e actual do Sistema universitario dende un punto de vista fundamental: os alumnos e alumnas das Universidades e da Formación Profesional. O noso alumnado, que está a piques de iniciar tamén este camiño, sacou moitas aprendizaxes destes encontros. O noso máis sinceiro agradecemento a todos eles, por reencontrarse con nós. Sempre son e serán parte importante da nosa comunidade educativa.

GRAZAS!!

 

Distribuir contido