Skip to Content

FP

Admisión FP 2024-2025

Oferta de Ciclos de Grao Medio do centro

Ciclo de Grao Medio de Aproveitamento e Conservación do Medio Natural
Ciclo de Grao Medio de Instalacións de Telecomunicacións

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para as ensinanzas de formación profesional en oferta ordinaria para o curso 2024-2025 será desde o 24 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 4 de xullo. A presentación de solicitudes realizarase utilizando o asistente informático que estará dispoñible na aplicación de Ciclos Admisión. O día 10 de xullo poderase consultar de xeito individualizado a información da resolución provisional e o día 17 poderase consultar a resolución definitiva. Sobre os cambios no proceso de adminisión para este curso tedes un resumo nesta ligazón, e para información xeral sobre o proceso de admisión e matrícula pódese acceder á páxina da Formación Profesional da Consellería de Educación.

Calendario de adxudicacións e matrícula

1ª adxudicación ordinaria 17 de xullo Matrícula do 17 ás 9:00 ao 22 ás 13:00
2ª adxudicación ordinaria 24 de xullo Matrícula do 24 ás 9:00 ao 31 ás 13:00
3ª adxudicación ordinaria 2 de setembro Matrícula do 2 ás 9:00 ao 5 ás 13:00

 

 

Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio. Convocatoria 2024

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio, convocadas mediante a Orde do 21 de decembro de 2023, terán lugar o día 23 de maio de 2024.

Os lugares de celebración das probas de acceso están publicados na seguinte ligazón.

As persoas inscritas deberán presentar, para a realización da proba, o seu docmento oficial de identidade e copia da folla da solicitude de inscrición.

Horario das probas:

  • Presentación
    • Ás 9:00 horas.
  • Parte matemática e parte sociolingüística da proba:
    • Das 9:30 ás 13:00 horas (Matemáticas, Lingua galega, Lingua castelá e Ciencias Sociais).
  • Parte científico-técnica da proba:
    • Das 16:00 ás 18:00 horas (Ciencias da natureza e Tecnoloxía)

Para máis información para a realización da proba de acceso consultade a seguinte ligazón.

Todo o que tes que saber sobre as probas de acceso a Ciclos

Neste documento que podes consultar e descargar tedes unha guía pormenorizada sobre as probas de acceso a Ciclos:

requisitos, contidos calendario, etc.

Podes acceder premendo no seguinte link.

GUÍA DAS PROBAS DE ACCESO A CICLOS

FP

PROBAS DE ACCESO A GRAO MEDIO

https://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio

 

PROBAS DE ACCESO A GRAO SUPERIOR

https://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior

 

OFERTA FORMATIVA GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR POR FAMILIAS PROFESIONAIS

https://www.edu.xunta.es/fp/sites/fp/files/fp/Oferta/2012/oferta_ordinario_clasificada_por_familia_2.pdf

 

Distribuir contido


by Dr. Radut