Plan Proxecta

Emocións

FEBREIRO: MES DAS EMOCIÓNS

Dende o noso centro consideramos que a educación emocional é unha das materias pendentes do sistema educativo. É por iso que ao longo deste mes, dun xeito especial, queremos colaborar na mellora das competencias emocionais do noso alumnado a través de diferentes actividades. Estas irán dende a creación dun emocionario, pasando pola elaboración dun mapa das emocións do Concello de Tomiño. Afondaremos en temas tan importantes como a ansiedade e a saúde mental, así como tamén queremos darlle unha volta á idea do “amor romántico”. Isto é só unha mostra do que nos espera este mes grazas á colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, Equipo de Mediación e Titorías, así como tamén do Departamento de Filosofía, do Equipo de Biblioteca e da Radio Mocidade e, por enriba de todo, do noso alumnado. A emocionarse!

 

Web deporte

Na seguinte ligazón podedes accder á toda información do deporte no IES Antón Alonso Ríos

https://sites.google.com/view/deporteescolariaar2122

Tamén podedes acceder mediante o seguinte código QR

 

Deporte escolar 20/21

Neste enlace podes entrar na páxina de Deporte escolar deste curso.

 

Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional

Mariola, billarda, fumeiro, gramalleira, fuscadouro, cangallo, bacelo, videira, bicheiro, ganduxo, baghazo, arpilleira, canizo, pirú, canizo, fuñeiro, lerme…. son só algúns dos exemplos das moitas palabras que o noso alumnado de 1º ESO foi apañando entre a veciñanza de máis idade e, xa que logo, de maior sabedoría.

O léxico tradicional vinculado ao mundo do mar, da vendima, da costura, da matanza ou dos xogos populares foi o protagonista do proxecto "Lingua, patrimonio e coñecemento tradicional", dependente do Instituto da Lingua Galega, que ten como finalidade o coñecemento e valorización do noso patrimonio cultural entre as xeracións máis novas.

Grazas a este traballo de recollida das “nosas verbas estirpe” -como lle chamaría Ferrín-, os rapaces non só tiveron a oportunidade de ampliar o seu vocabulario, senón que tamén puideron interactuar coa xente verdadeiramente coñecededora duns oficios, duns costumes e duns saberes, que conforman a nosa identidade cultural pero que corren o risco de perderse.

Pero como o noso patrimonio tradicional non só se limita ao léxico, xunto coas palabras, tamén recompilaron lendas, coplas ou pegadas dunha rica fraseoloxía popular como “moveste como un sarillo” ou “o lume onda a estopa, o demo lle sopra”.Moitos achegaron, ademais, imaxes e gravacións en vídeo e audio dos seus informantes, o que nos permite apreciar unha fonética peculiar na que latexa a pegada dun pasado cheo de vida e orgullo. Mesmo algúns se atreveron a elaboraren os seu propio caderno de vocabulario, como o do campo semántico dos cabalos, que tan enraizado está nesta contorna.

Ano de deporte

Este curso que remata, o noso centro seguiu a participar en competicións de deporte escolar coma en cursos anteriores.Abría a temporada o zonal de campo a través en Soutelo (Salceda), alí nos representou Alma que rematou en sétima posición e acadaba así unha praza para o campionato provincial que se disputaría no mes de xaneiro en Portas. No campionato provincial Alma, a pesar de estar convalecente dunha gripe, non quixo faltar e deuno todo para conseguir estar na metade da táboa de clasificación.Xa no segundo trimestre foi a quenda do bádminton. Neste curso tivemos a maior participación na competición individual dos últimos anos, participando un total de 20 alumnos, 12 de elas rapazas.

Final zonal de tenis

 

Os 12 alumnos e alumnas que estaban a participar nas xornadas previas a final zonal de tenis de mesa clasificáronse para a Final Zonal que se celebrará no Pavillón de Sobrada o próximo mércores día 2 de maio. 

MOITA SORTE!!!!

Distribuir contido