

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa xestiona recursos do Ministerio de Educación e Formación Profesional transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia, para realizar as operacións de Contratos-Programa e Iniciativa ARCO dentro do “Programa de orientación e reforzo para o avance e apoio na educación” que é cofinanciada polo Fondo Social Europeo no marco do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación.
A iniciativa Contratos-Programa é un instrumento de apoio para desenvolver un plan de mellora que, en función das necesidades detectadas e do proxecto educativo, poida potenciar o desenvolvemento das competencias clave, mellorar a convivencia, reducir a taxa de abandono, promover a igualdade de xénero e inclusión, mellorar a competencia socioemocional, afondar no logro da excelencia educativa, promover a actividade física, así como proporcionar atención educativa para a compensación de desigualdades na educación.
Dentro da iniciativa Contratos-Programa o centro conta coas seguintes modalidades:
No curso 2019-2020
o Modalidade REFÓRZA-T
o Modalidade PRELIM
o Modalidade MELLORA DO NIVEL DE COÑECEMENTOS PARA ACADAR A EXCELENCIA ACADÉMICA
No curso 2020-2021
o Modalidade CON-VIVE
o Modalidade INCLÚE-T
o Modalidade EDUEMOCIONA
o Modalidade MELLORA DO NIVEL DE COÑECEMENTOS PARA ACADAR A EXCELENCIA ACADÉMICA
A Iniciativa ARCO pretende avanzar na consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda as necesidades do alumnado, traballando polo fomento do éxito escolar e a prevención do absentismo e abandono co obxecto de favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional.
Dentro da Iniciativa ARCO o centro conta coas seguintes liñas de actuación:
· LÍNEA 2, dirigida a alumnado de 1º ESO.
· LÍNEA 3, dirigida a alumnado de 4º ESO.
Na seguinte ligazón podes acceder á páxina de Programas educativos da Xunta de Galicia financiado polo Fondo Social Europeo
PROGRAMAS EDUCATIVOS