Skip to Content

Visita ao Museo de Pontevedra e ao Parque Arqueolóxico Campo Lameiro.

O pasado xoves o alumnado de 1ºESO realizou unha saída escolar ao Museo de Pontevedra e ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro. 

A xornada comezou no museo de Pontevedra onde realizaron un percorrido polas salas de arqueoloxía desde o Paleolítico ata a romanización, no que descubriron, a partir dos restos arqueolóxicos expostos, algúns dos aspectos máis relevantes da vida dos nosos antepasados. Ademais, aproveitaron para realizar un paseo por Pontevedra e visitar os seus monumentos, o casco vello e as súas prazas.

Na tarde recibíronnos en Campo Lameiro. Tivemos a ocasión de observar un dos exemplos máis impresionantes de arte rupestre ao aire libre como é a Laxe dos Carballos, onde o cervo é o protagonista dunha escena de caza nunha gran rocha con outros elementos como cazoletas ou labirintos. Ademais, visitamos unha recreación dun pequeno poboado da Idade de Bronce (hai 4.000 anos), integrado por varias cabanas, estruturas de almacenamento e cercados para os animais. Todo construído cos mesmos materiais que no pasado. A continuación, percorreron as salas do Centro de Interpretación onde lles explicaron os posibles significados dos petróglifos e as formas de vida das persoas no neolítico. Finalmente, realizaron o obradoiro “Arqueólogos por un día” no cal o alumnado traballou reproducindo os petróglifos.

Foi un día de aprendizaxe de campo moi proveitoso para o alumnado.

Aquí tendes as fotos!



story | by Dr. Radut