Skip to Content

Saídas educativas

Visita á exposicón de Bosco Caride no MARCO 2024

O día 24 o alumnado de 4° da ESO visitou o @museomarcovigo para facer unha visita guiada á exposición de @boscocaride Indicios.

Da súa man puidemos percorrer as salas e comentar con el diferentes aspectos deste traballo. Tamén puidemos pintar no obradoiro que nos tiñan preparado e así recordar as súas clases no instituto.

O día 26 foi o alumnado de bacharelato o que tivo a sorte de visitar a exposición.

Grazas Bosco por estas xornadas inesquecibles!

Tendes as fotos na galería.

Visita aos centros de FP 2024

O día 9 de abril o alumnado de 4° da ESO visitou os centros de FP Manuel Antonio e Valentín Paz Andrade onde puideron valorar outras saídas profesionais unha vez que teñan o título da ESO.

Coma sempre grazas por recibirnos tan ben, foi unha xornada moi proveitosa para o noso alumnado!

 

Visita ao museo Liste 2024

O Departamento de Música organizou unha visita ao Museo Etnográfico Liste de Vigo para o alumnado de 2  ESO e D.

Tiveron a oportunidade de participar nunha visita guiada polas distintas zonas dedicadas os tecidos, oficios, medicina popular ou ao mundo agrícola comprobando as súas propias raíces culturais e as relacións do exposto con materias como Galego,Historia,Tecnoloxía ou Música.

Concerto no Celso Emilio Ferreiro 2024

O pasado 21 de marzo, o coro, formado por alumnado de 3ºESO, ofreceu un concerto para os compañeiros/as do CEP Celso Emilio Ferreiro. Neste centro educativo estudaron varios membros do coro, que recordaron o seu paso polo colexio con agarimo, ainda que viviran os últimos cursos de primaria durante a pandemia pola COVID.

Tivemos a sorte de cantar "A Carolina" acompañados da gaita de Lois Comís.

Agardamos volver pronto para cantarlles aos nosos amigos/as do CEP Celso Emilio".

Excursión 3º ESO a Manzaneda 2024

O alumnado de 3º da ESO realizará unha excursión do 17 ao 19 de abril a Manzaneda (Ourense).

Ata o 8 de marzo poderá entregarse en secretaría a documentación asinada que podedes descargar nos seguintes enlaces:

Ademais levarase a cabo unha venda de rifas a través da ANPA para axudar a sufragar a excursión

 

Pista de xeo 2023

O pasado 21 de decembro, o alumnado de 1º ESO desfrutou dunha mañá diferente na pista de xeo de Samil. A actividade, organizada polo Departamento de Educación Física, é un éxito cada Nadal. A rapazada puido patinar nun entorno inusual como é o xeo, vivindo unha experiecia novidosa para moitos.

Visita á exposición Vigo no tempo 2023

O luns o alumnado de Afondamento de Galego e de 4º de PDC visitou a exposición "Vigo no tempo" que nos achega á historia da cidade dende os primeiros vestixios ata a actualidade. O alumnado puido coñecer os principais fitos que viviu esta cidade que foi medrando como obra colectiva e fíxoo da man dun dos comisarios da mostra, o escritor Manuel Bragado. Un privilexio sen dúbida!

Cine en Francés 2023

O pasado martes 14 de novembro, o alumnado de francés de 1° e 2° de Bach asistiu ao Auditorio do Concello de Vigo para ver unha película en versión original francesa titulada "La Traversée",  incluida no festival de cine Fiestinema organizado pola Alianza Francesa.

 

 

 

   

Vigo, rincóns e historias - 2023

O martes, 14 de novembro, o alumnado de diversificación de 4°, realizou unha scaperoom ao aire libre, "Vigo, rincóns e historias", na que percorreron os puntos mais importantes do centro de Vigo (praza de Compostela,  Mercado da Pedra, Colexiata...). Mentres resolvían as probas a través dunha aplicación móbil, descubriron a historia e arquitectura da nosa cidade. Aí os/as tedes en plena acción!

Erasmus+ Jobshadowing en Finlandia

100Durante o mes de setembro de 2023, tres profesoras de bioloxía (a xefa do departamento) e inglés (a xefa do departamento e maila coordinadora da sección bilingüe) do noso centro tiveron a oportunidade de visitar un instituto finés, participando en clases de diferentes materias (bioloxía, xeoloxía,física e química, música, inglés, castelán, finés para estranxeiros e mesmo xaponés) e reuníndose con multitude de profesionais educativos do centro de acollida para aprenderen os segredos do seu tan aclamado sistema educativo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut