Skip to Content

Inicio curso 2021/2023

O día 15 de setembro iniciarase o curso escolar 2021-2022 para a ESO e Bacharelato en horario  de 08:25 a 14:00 para o alumnado transportado, mentras que para o alumnado non transportado o horario será de 08:30 a 14:05.

Para o ciclo comezará co horario habitual de 08:30 a 14:05.

O servizo de autobuses estará dispoñible.

Matrícula That´s English curso 2021-2022

O prazo de matrícula para os cursos That´s English abarca desde o 7 de setembro ata 29 de outubro. As persoas interesadas en formalizar a inscrición nos niveis A2 e B2 deben acceder á seguinte ligazón para a súa tramitación on-line: https://www.thatsenglish.com/matriculainternet/nueva

Peche do centro durante o mes de agosto

O IES Agra de Raíces permanecerá pechado durante o mes de agosto. Soamente se atenderán urxencias a través do correo electrónico do centro: ies.agra.raices@edu.xunta.gal

 

 

 

Calendario de exames de setembro 2021 e datas de matrícula na convocatoria extraordinaria

Achégase na seguinte ligazón o calendario de exames de recuperación de setembro: Calendario de exames de setembro 2021.

Aqueles/as  alumnos/as que se presenten a esta convocatoria extraordinaria deben ter presente, ademais, a seguinte información arredor das datas de entrega de notas a través de Abalar Móbil, reclamacións e matrícula:

Entrega de notas de ESO e 1º Bacharelato: luns, 6 de setembro, ás 14h. a través de Abalar Móbil.

Reclamacións de ESO e 1º Bacharelato:  martes 7 e mércores, 8 de setembro.

Reunión dos Departamentos para a resolución das reclamacións: o día 9 de setembro ás 10:00 horas. 

Notificación da resolución dos departamentos á Xefatura de Estudos: o día 9 de setembro ás 12:00 horas. 

Notificación ao alumnado: ás 14:00h. do día 9 de setembro.

Período extraordinario de matrícula: 7, 8 e 9 de setembro.

Período extraordinario de matrícula unicamente para o alumnado da ESO e 1º Bacharelato que presentou reclamación: 10 de setembro.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-22

Xuntamos a relación de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2021-22. Lembramos que na ESO non haberá libros de texto, agás os cadernos de traballo das linguas estranxeiras.

 

Horario do mes de xullo

O horario de atención ao público, tanto presencial coma telefonicamente, durante o mes de xullo, será de 9:30h. a 13:30h.

Prazo de solicitude de admisión no Ciclo de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería

O prazo para solicitar a admisión no Ciclo de Técnico en Coidados Auxiliares de Enfermería vai do 25 de xuño ás 9.00 h ata o 5 de xullo ás 13.00 h.

Pode consultarse toda a información relativa á solicitude e á admisión no seguite documento, ou na páxina da Formación Profesional no apartado de Instruccións xerais do proceso de admisión en réxime ordinario.

A novidade máis importante este curso académico é que a solicitude hai que facela telematicamente a través da aplicación ciclosadmisiónNeste aplicativo, poderá atopar un vídeo de axuda do asistente web para realizar unha solicitude.

Probas de certificación en linguas estranxeiras

A Xunta de Galicia vai estender as probas de certificación en linguas estranxeiras ao alumnado de Secundaria, Bacharelato e FP dos centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, xa que ata o de agora unicamente se aplicaban á Rede de Centros Plurilingües.

Convocáronse 5.000 prazas para os exames de nivel para a acreditación de competencias lingüísticas, dirixida aos estudantes que, no curso 2021-22, estean matriculados en 4º de ESO, na etapa de Bacharelato ou en ciclos de Formación Profesional.

O alumnado que participe na devandita proba, que se celebrará, probablemente, no 1º trimestre do curso 2021-22, poderá certificar a súa competencia lingüística nos niveis B1, B2 ou C1 do Marco Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL). Cada estudante poderá matricularse nunha única proba, que será, preferentemente, a que curse como primeira lingua estranxeira.

As solicitudes deberán ser tramitadas polos propios centros educativos ata o 30 de xuño.

Matrícula ESO e Bacharelato curso 2021-2022

O prazo da matrícula ordinaria para o curso 2021-2022 comeza o día 25 de xuño e remata o 10 de xullo. Para evitar aglomeracións, pregamos que se respecte o seguinte calendario, en horario de 09:30 a 13:30 horas:

O alumnado que pode matricularse é aquel que promociona ou titula, a pesar de ter materias suspensas na avaliación final ordinaria. 

Asimesmo, haberá que entregar a seguinte documentación, xunto co formulario da matrícula, na Administración do centro:

  • CERTIFICACIÓN ACADÉMICA (ALUMNOS/AS DOUTROS CENTROS, AGÁS OS PROVENIENTES DO CEIP EUGENIO LÓPEZ).
  • FOTOCOPIA DO DNI DO ALUMNO/A E DOS PAIS/NAIS.
  • FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA.
  • SEGURO ESCOLAR 1,20 € (ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO EXENTOS).
  • 4 FOTOS TAMAÑO CARNÉ.
  • Impreso de AUTORIZACIÓNS debidamente cuberto e asinado. 

Achéganse, como documentos adxuntos, os impresos de matrícula, que poderán ser descargados e cubertos. 

Distribuir contido


by Dr. Radut