Skip to Content

Magníficos resultados nas ABAU do alumnado de 2º Bacharelato

Parabéns ao alumnado de 2º Bacharelato polo extraordinarios resultados acadados nas ABAU!

Grazas ao seu esforzo e ao do profesorado que os formou e acompañou ao longo deste curso, o IES Agra de Raíces situouse no vixésimo cuarto posto da totalidade dos centros educativos de Galicia e no décimo terceiro de entre os institutos públicos polas elevadas calificacións obtidas nas distintas materias, tal e como podedes comprobar na seguinte ligazón: La Voz de Galicia ABAU 1.jpgLa Voz de Galicia ABAU 2.jpg.

O centro desexa trasladar a súa ledicia por esta nova e as súas felicitacións máis entusiastas aos estudantes de 2º Bacharelato polo éxito logrado, especialmente neste curso en que demostraron a súa madurez e responsabilidade ao manter a súa dinámica de traballo durante o período de ensino non presencial.

Resultados ABAU

Calendario de exames de setembro e datas de matrícula na convocatoria extraordinaria

Achégase na seguinte ligazón o calendario de exames de recuperación de setembro: Calendario  exames setembro.pdf

Aqueles/as  alumnos/as que se presenten a esta convocatoria extraordinaria deben ter presente, ademais, a seguinte información arredor das datas de entrega de notas a través de Abalar Móbil, reclamacións e matrícula:

Entrega de notas de 2º Bacharelato: xoves, 3 de setembro, ás 10h. a través de Abalar Móbil.

Prazo de reclamacións de 2º Bacharelato: desde o xoves 3 ata o venres, 4 de setembro, ás 12h.

Entrega de notas de ESO e 1º Bacharelato: xoves, 3 de setembro, a partir das 14h. a través de Abalar Móbil.

Reclamacións de ESO e 1º Bacharelato:  venres 4 e luns 7 de setembro.

Período extraordinario de matrícula: 4, 7 e 8 de setembro.

Período extraordinario de matrícula unicamente para o alumnado da ESO e 1º Bacharelato que presentase reclamación: 9 de setembro.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DOS /AS ADMITIDOS/AS E EXCLUÍDOS/AS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-21

O venres 11 de xullo publicáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do Fondo de Libros para o vindeiro curso escolar 2020-21.

Poden consultar as listaxes no taboleiro de anuncios do instituto ou chamando por teléfono ao centro. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica de Moeda e Timbre.

Os alumnos/as admitidos no fondo de libros que solicitaron os vales para a adquisición de material escolar xa poden pasar a recollelos (sempre e cando no aparezan na listaxe de excluídos das axudas para a adquisición de material escolar) en horario de 10 a 13 h.

Os vales entegraranse ás persoas solicitantes ou titores legais dos alumnos/as.

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020-21

  No ficheiro adxunto amósase a relación de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2020-21.

Horario no mes de xullo

O horario de atención ao público, tanto presencial coma telefónica, durante o mes de xullo será de 9:30 h ata as 13:30 h.

MATRÍCULA ESO E BACHARELATO XUÑO CURSO 20-21

O prazo da matrícula ordinaria comeza o día 1 de xullo e remata o día 10 de xullo. Para evitar aglomeracións, pregamos que se siga o seguinte calendario en horario de 09:30 a 13:30 horas:

  • 1 de xullo: 1º ESO
  • 2 e 3 de xullo: 1º BACH
  • 6 de xullo: 2º BACH
  • 7 de xullo: 4º ESO
  • 8 de xullo: 2º ESO
  • 9 e 10 de xullo: 3º ESO 

O alumnado que pode matricularse é aquel que promociona ou titula, a pesar de ter materias suspensas na avaliación final ordinaria. 

Asimesmo, haberá que entregar a seguinte documentación xunto co formulario da matrícula na administración do centro:

  • CERTIFICACIÓN ACADÉMICA (ALUMNOS/AS DOUTROS CENTROS)
  • FOTOCOPIA DO DNI DO ALUMNO/A E DOS PAIS/NAIS
  • FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA 
  • SEGURO ESCOLAR 1,20 € (ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO EXENTOS)
  • 4 FOTOS TAMAÑO CARNÉ
  • Impreso de Autorizacións debidamente cuberto e asinado. 

Deixamos como documentos adxuntos os impresos de matrícula que poderán ser descargados e cubertos. 

O acceso ao centro educativo deberá realizarse cumprindo as medidas de hixiene estipuladas: uso obrigatorio da máscara, uso obrigatorio do xel hridroalcohólico e mantemento da distancia mínima de seguridade de 1,5 metros

Nota: As familias do alumnado de 1º e 4º ESO que estaba anotado nas excursións que non poideron levarse a cabo por mor da COVID-19, aproveitarán o día da matriculación para pasar por Vicedirección.

As mulleres que levaban o mundo na cabeza

O patio do IES Agra de Raíces de Cee foi o lugar elixido polo “Club de Letras” do centro para que a muralista Ana Santiso(santiso ilustración , web )  plasmase a súa interpretación persoal, inspirada na emblemática foto da fotógrafa americana Ruth Matilda Anderson ao seu paso pola Costa da Morte.

Rematou o proxecto deste curso Mulleres nas Artes, dun xeito que beneficia a toda a comunidade escolar.

O “Club de Letras” defínese como un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación. Neste marco o profesorado suxeriu diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poideran afondar, descubrir e coñecer novos eidos relacionados coas Humanidades, as Artes e as Ciencias Sociais procurando unha visión transversal e interrelacionada das manifestacións literarias e artísticas, abordar perspectivas históricas, así como a potenciación da capacidade creativa e de lectura reflexiva, coa finalidade de fomentar competencias de comprensión e de pensamento crítico do mundo actual.

O equipo, coordinado pola profesora Mercedes Teijeiro do departamento de inglés, estivo formado por Mirta Pequeño do departamento de plástica; Eduardo Louredo do departamento de lingua e literatura galega; Montserrat Vila, Lara Trillo e Ana Porteiro do departamento de lingua e literatura española Rosana Rial do departamento de inglés e Teresa Llamas do departamento de historia.

Prazo de solicitude de admisión no Ciclo de Coidados auxiliares de enfermería

O prazo para solicitar a admisión no Ciclo de Coidados auxiliares de enfermería vai do 25 de xuño ás 9.00 h ata o 8 de xullo ás 13.00 h.

ENTREGA TELEMÁTICA DE NOTAS DA AVALIACIÓN ORDINARIA DA ESO, 1º BACH E CICLO MEDIO

O IES Agra de Raíces informa de que a entrega do boletín das calificacións da avaliación final ordinaria realizarase de maneira telemática mediante a plataforma Abalar Familias o luns 22 de xuño a partires das 20:00 horas. Pregamos paciencia no momento da recepción, xa que probablamente haxa unha saturación das redes.

 

En caso de ter calquera problema, poden poñerse en contacto co centro mediante o teléfono (881 880 486) ou o correo electrónico (ies.agra.raices@edu.xunta.gal).

ENTREGA DE LIBROS DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

O IES Agra de Raíces informa de que a semana que vén (martes 23 e xoves 25 de xuño) realizarase a recollida do fondo solidario de libros de texto no centro. Para isto, o alumnado deberá acudir ao centro de acordo cos seguintes horarios:

 

Martes 23

11:00 a 12:00: 3º ESO e 4º ESO

 

Xoves 25

10:00 a 11:15: 1º ESO

11:15 a 12:45: 2º ESO

 

Para evitar aglomeracións, o profesorado titor poñerase en contacto co seu alumnado para organizar a entrega en dúas quendas. Asimesmo, lembramos que os libros de texto deberán vir nunha bolsa co nome do alumno/a e o seu curso.

Pregamos que o alumnado sexa puntual e siga as instrucións do profesorado. Tamén lembramos que se deberán cumprir as seguintes medidas de hixiene: uso obrigatorio da máscara, do xel hidroalcohólico disposto na entrada da aula de referencia, a onde deberá acudir o alumnado na súa quenda correspondente, e manter sempre a distancia de seguridade.

Distribuir contido


by Dr. Radut