Skip to Content

Normas

Listado das normas de funcionamento do centro

NORMAS DO ALUMNADO

 

RESUMO DAS  NORMAS DE CONVIVENCIA DO ALUMNADO.

 

 

Faise imprescindible que todo o persoal do centro cumpra e faga cumprir as normas establecidas, iso repercutirá non só no bo funcionamento do centro, senón, nun mellor clima de convivencia para todos/as. As normas recollen aspectos referidos a horarios e puntualidade, ao uso das instalacións e espazos do centro, así como o material e o seu equipamento, ao cumprimento das normas de convivencia e actividades prohibidas así como a adecuación da indumentaria persoal no centro (a clases específicas como Educación Física) ou en diferentes actividades, ao uso de móbiles e consolas e por suposto ao comportamento e trato respectuoso que debe haber entre todos os membros da comunidade educativa.

1.   Cómpre chegar puntualmente ás clases (entrada, despois do recreo, volta de aulas específicas…).Entrarase pola porta do patio e 5´antes do comezo das clases soará o primeiro timbre que indica que o alumnado debe acceder as aulas para comezar as clases con puntualidade. O alumnado que chegue tarde, entrará pola porta principal e permanecerá na biblioteca ata o seguinte cambio de clase, onde o membro do equipo directivo de garda rexistrará a incidencia na folla de rexistro. A acumulación de tres faltas de puntualidade suporá un apercibimento e sucesivos retrasos implicarán outros apercibimentos.

2.   Durante o horario lectivo non se pode saír das aulas sen permiso do profesorado, nin andar de paseo polo corredor. Nos cambios de clase permanecerase dentro da aula esperando a chegada do profesor/a.

3.   As expulsións das aulas implicarán envío á Xefatura ou Dirección (con documento) ou apercibimento escrito. A persoa expulsada deberá trasladarse co documento á  Dirección onde será atendido, en función da traxectoria do alumno/a se tomarán as medidas de envialo a Aula de Convivencia ou se é preciso as recollidas na Lei de convivencia.

4.   As faltas de asistencias ou puntualidade deben xustificarse por escrito á persoa titora e, nos casos que se poida con xustificantes oficiais. O titor decidirá se a xustificación e válida ou non.

5.   As aulas deberán permanecer pechadas nos recreos e cando o grupo se traslada a unha aula específica (Plástica, Música, Tecnoloxía, EF ...) e ninguén está autorizado en ningún momento a entrar nunha aula que non é a súa. O/A delegado/a do curso será responsable de recordar ao profesorado que a feche para evitar desaparición de material. En todo caso, cada alumno será responsable das súas pertenzas.

6.   Durante os recreos o alumnado só poderá estar:

-  Fóra do recinto, só alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos (sempre que sexan maiores de idade ou teñan autorización escrita do seu pai/nai/tutor/a legal).

-  Na Biblioteca para servizo de préstamo/lectura ou na Aula de Recursos para estudo/consulta. O resto, no patio

-  Baixo ningún concepto se pode permanecer nas aulas, nas escaleiras, nos corredores ou no hall de entrada.

7.   Compre incidir na limpeza e coidado das instalacións, mobiliario, e o material docente. Os destrozos ou deterioros deberán comunicarse inmediatamente na secretaría. En casos de destrozos intencionados ou que se puidesen evitar, o custo da reposición ou arranxo correrá a cargo do/s responsable/s do feito, segundo se indica no Artigo 13. Responsabilidade e reparación de danos da Lei 4/2011.

8.   É responsabilidade de todos os membros da comunidade educativa a xestión axeitada de todos os recursos.: apagar as luces nas dependencias cando non sexa necesario, non abrir as ventás cando estea a calefacción, evitar o despilfarro de material funxible (folios, xiz, pinturas, bolis, rotuladores,...), etc.

9.   Non se poden usar no instituto aparellos como o móbil, Consolas, ipods… etc. No caso de que o profesorado descubra este material, será retirado e non se entregará ata que os pais ou titores falen coa Dirección ou coa Xefatura de Estudos. 

10.A difusión por calquera medio de imaxes ou informacións que atenten contra o dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe dos demais membros da comunidade educativa está recollida, no Artigo 15-d), na Lei de convivencia 4/2011 como condutas gravemente prexudiciais para a convivencia. Asemade no apartado j) tamén se indica que sería falta grave a posesión de obxectos, substancias ou productos perigosos para a saúde ou a integridade persoal de calquera membro da comunidade educativa.  

11.A vestimenta ten que ser correcta. Enténdese por non correcta calquera tipo de indumentaria que permita ver a roupa interior, pantalóns ou minisaias demasiadas curtas, escotes moi pronunciados, roupa de praia,... Calquera que non sexa axeitada para asistir a un centro de ensino. En todas as actividades do centro, ven sexan docentes ou complementarias (excursións), os alumnos deben ter a cabeza e a cara descubertas.

12.Non se pode comer nin beber nas aulas, corredores, biblioteca,... O momento axeitado é nos recreos no patio ou na cafetería do centro (que so se poderá usar nos recreos).

13.O alumnado de ensino secundario que por algunha indisposición ou revisión médica teña que saír do centro, sempre terá que saír acompañado dunha persoa adulta, rexistrándose a persoa que recolle e a incidencia.

14.Todas estas normas son aplicables a todas as actividades do centro, tanto as desenvolvidas no centro como fóra en actividades complementarias. Cando a saída precise transporte escolar, o alumnado deberá comportarse de acordo coas normas  dese servizo, atendendo ás persoas responsables do mesmo (profesorado e condutor/a).

15.La Ley 42/2010, de 30 de diciembre de 2010 (Antitabaco) en el artículo 7 dice: Está prohibido fumar en «Centros docentes y formativos, salvo en los espacios al aire libre de los centros universitarios y de los exclusivamente dedicados a la formación de adultos, siempre que no sean accesos inmediatos a los edificios o aceras circundantes».

 
Distribuir contido


by Dr. Radut