Vicedirección

VICEDIRECCIÓN

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS CURSO 2015-16

 

ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA O 1º TRIMESTRE

ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA O 2º TRIMESTRE

ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA O 3º TRIMESTRE

 

 

ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA DESENVOLER AO LONGO DO CURSO

 

Denomínase actividade complementaria aquelas que realízanse dentro do  horario lectivo para complementar a actividade habitual da aula. Estas poden ter lugar dentro o fora do Centro. Para a planificación e aprobación das actividades complementarias establécese o principio de coherencia cós obxectivos propostos para cada nivel e a premisa da inclusión das mesmas dentro das programacións de aula.

 

Cando falamos de actividades complementarias estámonos a referir a  aquelas  que completan, dalgún xeito, os contido curriculares, pero que teñen un carácter diferente as propiamente lectivas, canto aos recurso empregadas, os espazos nos que se desenvolven ou as persoas que as imparten. Dado que estas actividades teñen relación co curriculum, son obrigatorias para o alumnado e poden, a elección dos Departamentos didácticos, ser avaliadas.

 

Incluímos nelas, e sen esgotar as posibilidades, as seguintes: conferencias e relatorios impartidos por persoal alleo ao IES; asistencia a concertos e obras de teatro; saídas e excursións do programa do Concello, programadas polo propio IES ou mesmo ao abeiro doutros organismos, realizadas dentro do horario escolar ou, a lo menos, en parte del.

 

As datas marcadas na presente programación poden non ser definitivas, dado que, en moitos casos, dependen non só do IES, senón doutras institucións. Programamos as actividades por Departamentos didácticos, sempre que foi posible. Nos casos en que as actividades son organizadas por varios Departamentos, contémplanse por separado dentro da planificación de cada un deles.

 

Por Actividades Extraescolares entendemos aquelas que van encamiñadas especificamente a potenciar a apertura do Centro ao seu contorno e o mundo, coa fin de procurar a formación integral do alumnado en aspectos referidos á ampliación do seu horizonte cultural, á preparación para a súa inserción na sociedade ou o emprego do tempo de lecer. Estas actividades realízanse fóra do horario lectivo e terán carácter voluntario para o alumnado, polo que, en ningún caso formaran parte do proceso de avaliación das diferentes  materias. Para a organización e desenvolvemento destas actividades contaremos coa axuda da ANPA do Centro. عبارات تخرج

 A oferta para este curso e Guitarra.

 

Como actividades extraescolares tamén se levará a cabo como outros anos, a liga interna de fútbol baixo a coordinación dos profesores Cecilio Castro e José Antonio Moreira.

 

Destacamos como obxectivos xerais comúns tanto ás Actividades Complementarias como Extraescolares os seguintes:

- Completar o currículo das diferentes materias.

- Completar o tratamento dos temas transversais, por veces difíciles de abordar dentro das programacións didácticas das distintas materias.

- Espertar intereses culturais e artísticos no alumnado e dar recursos para o emprego do tempo de lecer.

- Desenvolver e consolidar actividades que dean recursos aos nosos alumnos e alumnas para desenvolverse nas diferentes esferas sociais.

- Reforzar a formación integral para conseguir persoas responsables, críticas, creativas e solidarias.

 

Como obxectivos máis específicos hai que indicar que cada actividade concreta tiña, por si mesma, tamén uns obxectivos concretos, mais hai uns obxectivos educativos e formativos que guiaron a planificación destas actividades. Destacaremos os seguintes:

- Completar os contidos impartidos na aula en cada en cada unha das materias.

- Promover comportamentos axeitados en tódalas saídas do IES, especialmente en actividades tales como, concertos, conferencias, representacións teatrais, visitas a museos,….

- Coñecer e valorar os diferentes postos e traballos dentro do mundo laboral.

- Coñecer a cidade e os seus valores artísticos e monumentais.

- Avanzar no coñecemento da nosa comunidade e dos nosos valores arqueolóxicos, monumentais e paisaxísticos.

- Observar o funcionamentos de distintas empresas e indagar no coñecemento do seu éxito empresarial.

- Valorar as enerxías alternativas e a súa importancia para colaborar na mellora do medio ambiente.

- Observar e participar na elaboración de eventos.

- Promover actitudes positivos ante temas como a violencia de xénero, as drogas, a xenofobia, o racismo e a prevención de accidentes.

- Concienciar da necesidade de actitudes sociais solidarias e participar e promover a participación neste tipo de actividades.

- Resolver dúbidas sobre todo o que ten que ver coa educación sexual e os embarazos xuvenís.

- Motivar para a escritura creativa.

- Tomar contactos con contextos galegos falantes para desfacer prexuízos sobre a lingua.

حلويات سهلة

Como norma xeral, só se realizaran actividades complementarias fora do Centro ata o 15 de maio. Os alumnos de 2º de Bacharelato, non realizan actividades que implique a perda de clase no terceiro trimestre.

 

As actividades propostas polos Departamentos son as que se sinalan a continuación, ademais destas, durante o curso, irán xurdindo outras de interese didáctico que non están dentro das programacións, estás actividades realizaranse na medida en que non afecten o desenvolvemento do curso. A realización dunha actividade extraescolar ou complementaria non aprobado no Consello Escolar ordinario do comezo de curso, contará coa aprobación do mesmo para dar axilidade ao funcionamento áxil do Centro. No primeiro Consello Escolar despois de realizada a actividade informarase da mesma.

 

As actividades complementarias serán organizadas, fundamentalmente, a partir dos Departamentos Didácticos e entendidas xa como complemento ás actividades diarias de clase e aos contidos do curriculum, xa como actividades lúdico-formativas, xa como despedida do alumnado que rematou no centros os seus estudos.

 

Moitas destas actividades complementarias realizáranse e no IES, sobre todo charlas, obradoiros, relatorios ou festivais, e outras fóra do IES, tales como visitas a exposicións, saídas e excursións. En canto ao horario, unhas realizaranse dentro do horario lectivo e, noutras, por necesidades organizativas, mesmo fóra do horario lectivo.

حلويات القهوة

Seguindo a tradición do Centro, buscamos que estas actividades complementarias abarcasen un amplo abano de modalidades e así intentaremos facer, como noutros anos: intercambios escolares; visitas pola cidade, a determinadas instalacións, a empresas, a exposicións ou museos; asistencia a  conferencias, concertos, funcións de teatro e de cine; organización e participación en diferentes concursos e debates; degustación de gastronomía; organización de festivais, etc.

 

As actividades propostas polos Departamentos son as que se sinalan a continuación, ademais destas, durante o curso, irán xurdindo outras de interese didáctico que non están dentro das programacións, estás actividades realizaranse na medida en que non afecten o desenvolvemento do curso.

 

 

Distribuir contido