Skip to Content

Orientación

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN 2020/2021

Profesorado do IES:



Emilio A. García Fernández (Xefe de Departamento).

José A. Moreira Fernández.

Tito  Rodríguez Martínez.

Ana Piñón Vale.

Iolanda Sánchez Méndez.

Ana Mª Rodríguez Barrera.

Ana Lupiáñez López.

Centros adscritos:

CEIP Raquel Camacho: Eduardo Rodríguez Machado.

CEIP María Barbeito: Paula Cordero Fandiño. 

EXAME DE ACCESO AOS CM E CS DE FP

Xa está publicada a Orde que regula os exames de acceso aos Ciclos Medios e aos Ciclos Superiores para o presente curso escolar.

Toda a información pode consultarse nos seguintes enlaces:    

Ciclos Medios            

Ciclos Superiores   

Os prazos para inscribirse na proba son:

Ciclos Superiores: desde o 18 de febreiro ao 3 de marzo.

Ciclos Medios: desde o 15 ao 26 de marzo.

Os exames serán nas seguintes datas: 

Ciclos Superiores: 15 de abril.

Ciclos Medios: 27 de maio.

É moi importante ler detidamente as instrucións sobre como inscribirse: hai que facelo telemáticamente e despois imprimir a instancia e entregala nalgún centro que teña Ciclos de FP para que a inscrición estea finalizada. 

ORIENTACIÓN ACADÉMICA

Como en cursos anteriores, poño á vosa disposición un programa de Orientación en liña. É fácil moverse por el e consultar aqueles aspectos que lle interesen a cada un. Anímovos a que entredes e vos movades por el como unha primeira aproximación. Despois se tedes dúbidas podedes pasar polo Departamente e comentámolas.

O programa chámase ORIENTALINE e este é o enlace: 

http://www.orientaline.es/?yafxb=11574 

 

SOLICITUDE DE PRAZA NOS CICLOS DE FP

Desde hoxe (25 de xuño) ata o 8 de xullo ás 13:00 horas está aberto o prazo para a solicitude de praza nos Ciclos Medios, Ciclos Superiores e FP Dual. 

A solicitude faise vía web no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/fp/admision-curso-2020-2021

Unha vez aí, na columna esquerda hai que seleccionar admisión a CM, CS ou FP Dual. 

En cada un dos apartados hai unhas intrucións que é importante ler e tamén un video que guía para facer a solicitude.

Distribuir contido


by Dr. Radut