RESUMO DAS NORMAS DE CONVIVENCIA DO ALUMNADO.
Faise imprescindible que todo o persoal do centro cumpra e faga cumprir as normas establecidas, iso repercutirá non só no bo funcionamento do centro, senón, nun mellor clima de convivencia para todos/as. As normas recollen aspectos referidos a horarios e puntualidade, ao uso das instalacións e espazos do centro, así como o material e o seu equipamento, ao cumprimento das normas de convivencia e actividades prohibidas así como a adecuación da indumentaria persoal no centro (a clases específicas como Educación Física) ou en diferentes actividades, ao uso de móbiles e consolas e por suposto ao comportamento e trato respectuoso que debe haber entre todos os membros da comunidade educativa.
-
Cómpre chegar puntualmente ás clases (entrada, despois do recreo, volta de aulas específicas…).Entrarase pola porta do patio e 5´antes do comezo das clases soará o primeiro timbre que indica que o alumnado debe acceder as aulas para comezar as clases con puntualidade. O alumnado que chegue tarde, entrará pola porta principal e permanecerá na biblioteca ata o seguinte cambio de clase, onde o membro do equipo directivo de garda rexistrará a incidencia na folla de rexistro. A acumulación de tres faltas de puntualidade suporá un apercibimento e sucesivos retrasos implicarán outros apercibimentos.
-
Durante o horario lectivo non se pode saír das aulas sen permiso do profesorado, nin andar de paseo polo corredor. Nos cambios de clase permanecerase dentro da aula esperando a chegada do profesor/a.
-
As expulsións das aulas implicarán envío á Xefatura ou Dirección (con documento) ou apercibimento escrito. A persoa expulsada deberá trasladarse co documento á Dirección onde será atendido, en función da traxectoria do alumno/a se tomarán as medidas de envialo a Aula de Convivencia ou se é preciso as recollidas na Lei de convivencia.
-
As faltas de asistencias ou puntualidade deben xustificarse por escrito á persoa titora e, nos casos que se poida con xustificantes oficiais. O titor decidirá se a xustificación e válida ou non.
-
As aulas deberán permanecer pechadas nos recreos e cando o grupo se traslada a unha aula específica (Plástica, Música, Tecnoloxía, EF ...) e ninguén está autorizado en ningún momento a entrar nunha aula que non é a súa. O/A delegado/a do curso será responsable de recordar ao profesorado que a feche para evitar desaparición de material. En todo caso, cada alumno será responsable das súas pertenzas.
-
Durante os recreos o alumnado só poderá estar:
-
Fóra do recinto, só alumnado de Bacharelato e Ciclos Formativos (sempre que sexan maiores de idade ou teñan autorización escrita do seu pai/nai/tutor/a legal).
-
Na Biblioteca para servizo de préstamo/lectura ou na Aula de Recursos para estudo/consulta. O resto, no patio
-
Baixo ningún concepto se pode permanecer nas aulas, nas escaleiras, nos corredores ou no hall de entrada.
-
-
Compre incidir na limpeza e coidado das instalacións, mobiliario, e o material docente. Os destrozos ou deterioros deberán comunicarse inmediatamente na secretaría. En casos de destrozos intencionados ou que se puidesen evitar, o custo da reposición ou arranxo correrá a cargo do/s responsable/s do feito, segundo se indica no Artigo 13. Responsabilidade e reparación de danos da Lei 4/2011.
-
É responsabilidade de todos os membros da comunidade educativa a xestión axeitada de todos os recursos.: apagar as luces nas dependencias cando non sexa necesario, non abrir as ventás cando estea a calefacción, evitar o despilfarro de material funxible (folios, xiz, pinturas, bolis, rotuladores,...), etc.
-
Non se poden usar no instituto aparellos como o móbil, Consolas, ipods… etc. No caso de que o profesorado descubra este material, será retirado e non se entregará ata que os pais ou titores falen coa Dirección ou coa Xefatura de Estudos.
-
A difusión por calquera medio de imaxes ou informacións que atenten contra o dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe dos demais membros da comunidade educativa está recollida, no Artigo 15-d), na Lei de convivencia 4/2011 como condutas gravemente prexudiciais para a convivencia. Asemade no apartado j) tamén se indica que sería falta grave a posesión de obxectos, substancias ou productos perigosos para a saúde ou a integridade persoal de calquera membro da comunidade educativa.
-
A vestimenta ten que ser correcta. Enténdese por non correcta calquera tipo de indumentaria que permita ver a roupa interior, pantalóns ou minisaias demasiadas curtas, escotes moi pronunciados, roupa de praia,... Calquera que non sexa axeitada para asistir a un centro de ensino. En todas as actividades do centro, ven sexan docentes ou complementarias (excursións), os alumnos deben ter a cabeza e a cara descubertas.
-
Non se pode comer nin beber nas aulas, corredores, biblioteca,... O momento axeitado é nos recreos no patio ou na cafetería do centro (que so se poderá usar nos recreos).
-
O alumnado de ensino secundario que por algunha indisposición ou revisión médica teña que saír do centro, sempre terá que saír acompañado dunha persoa adulta, rexistrándose a persoa que recolle e a incidencia.
-
Todas estas normas son aplicables a todas as actividades do centro, tanto as desenvolvidas no centro como fóra en actividades complementarias. Cando a saída precise transporte escolar, o alumnado deberá comportarse de acordo coas normas dese servizo, atendendo ás persoas responsables do mesmo (profesorado e condutor/a).
La Ley 42/2010, de 30 de diciembre de 2010 (Antitabaco) en el artículo 7 dice: Está prohibido fumar en «Centros docentes y formativos, salvo en los espacios al aire libre de los centros universitarios y de los exclusivamente dedicados a la formación de adultos, siempre que no sean accesos inmediatos a los edificios o aceras circundantes».