![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
Club de ciencias![]() |
Proxecto xardín![]() |
O CENTRO EN IMAXES |
Clubs de lectura![]() |
Xúntase a Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas nas axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2022/23.
Anuncio principal:
Convocatoria de axudas de mobilidade complementarias Erasmus+ para as ensinanzas artísticas superiores, curso 2022/23Tema:
Bolsas Programas e plans ErasmusEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais Ensinanzas de arte dramática Ensinanzas superiores de deseño Ensinanzas superiores de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
AlumnadoPublicouse a Resolución do 16 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2023/24.
O alumnado de novo acceso deberá facer a preinscrición, entre o 26 de xuño e o 9 de xullo, na seguinte ligazón: https://www.eoidigital.com/preinsxunta.
A matrícula realizarase a través da ligazón: https://www.informaticacentros.com/xunta, nos seguintes prazos:
Período de matrícula ordinaria: do 19 ao 30 de xuño, para o alumnado oficial do curso 2022/23 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2023/24 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.
Período de matrícula extraordinaria: do 3 ao 21 de xullo, segundo as instrucións de cada escola, tendo en conta a data do sorteo do alumnado preinscrito e que o alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 3 e o 7 de xullo.
Máis información:
Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de idiomas de réxime especialDepartamento:
Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
Alumnado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínApertura do prazo para que o persoal funcionario docente do corpo de mestres poida solicitar, a través do enderezo electrónico https://www.edu.xunta.gal/datospersoais,o recoñecemento de nova especialidade.
De acordo co preceptuado na orde do 10 de xaneiro de 2012 (DOG do 20 de xaneiro) o persoal funcionario de carreira do corpo de mestres, que reúna os requisitos para a adquisición de novas especialidades establecidos no anexo do Real Decreto 1594/2011 do 4 de novembro, poderá solicitar o recoñecemento de novas especialidades entre o 1 e o 30 de xuño.
Servizo relacionado:
Datos persoaisTema:
Información xeral Programas e plansEnsinanza:
Educación infantil Educación primariaDepartamento:
Subdirección Xeral de Recursos Humanos Servizo de Profesorado de Educación Infantil e PrimariaColectivo:
ProfesoradoSección:
Boletín Portada de boletínXúntase a Resolución do 29 de maio de 2023 da Comisión de Selección, pola que se aproba e se fai pública a relación definitiva de persoas propostas para superar os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG n.º 206, do 28 de outubro, corrección de erros, DOG n.º 216, do 14 de novembro).
De acordo co establecido no apartado cuarto da dita resolución, aquelas persoas que figuran no anexo desta resolución definitiva de persoas propostas para superar o procedemento selectivo, e resultasen tamén seleccionadas, provisional ou definitivamente, nunha especialidade do mesmo corpo en resolución ditada no concurso excepcional de méritos de estabilización de emprego temporal convocado por outra administración educativa, deberán formular renuncia, no prazo de cinco (5) días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución na páxina web da consellería (www.edu.xunta.gal), se desexan obter praza no ámbito de xestión dunha administración educativa distinta á da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
O prazo para formular renuncia abranguerá desde o día 30 de maio de 2023 ata o día 5 de xuño de 2023.
Sen prexuízo deste prazo, o persoal participante no concurso de méritos poderá presentar renuncia á participación no concurso de méritos por outras causas xustificadas. Así mesmo, a renuncia aos dereitos derivados do procedemento selectivo con anterioridade á realización da proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira dará lugar a que se declare aprobada a persoa que corresponda conforme os criterios establecidos na base décimo terceira da Orde 19 de outubro de 2022.
Para os efectos de formular a RENUNCIA NA ESPECIALIDADE ADXUDICADA NA PROPOSTA DEFINITIVA NA QUE NON DESEXA INGRESAR deberá procederse do seguinte xeito:
1.-Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia e autenticarse no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/
2.- Localizar no apartado de “Últimos expedientes e presentacións”, aÚLTIMA solicitude do procedemento ED001B correspondente á especialidade á que non desexa ingresar. Para estes efectos cómpre premer no rexistro no que consta presentado a dita solicitude e posteriormente no apartado “Documentación”, descargar o documento correspondente á solicitude normalizada para verificar á especialidade á que desexa renunciar.
3.-Posteriormente, na marxe dereita no apartado “QUE PODO FACER? Premer no trámite de “Renuncia” incardinado na dita solicitude na que figura a especialidade á que desexa renunciar.
4º. A continuación, siga os pasos indicados: cubrir datos, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
Posteriormente formulará un correo electrónico dirixido a persoal.primaria@edu.xunta.gal ou persoal.secundaria@edu.xunta.gal, segundo a adscrición da especialidade na que se xuntará o/s trámite/s presentado/s na sede electrónica e no asunto sinalará: renuncia coa especificación da/s especialidade/s na/s que non desexa ingresar.
En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da renuncia, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.
Non se admitirá ningunha renuncia que non sexa tramitada mediante o trámite activado de “Renuncia” na solicitude de participación do procedemento ED001B correspondente á última solicitude presentada en sede da especialidade na que non desexa ingresar.
Cada renuncia deberá formularse na correspondente solicitude no caso de renunciar a especialidades de distinto corpo.
Anuncio principal:
Publicación dos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, a corpos de persoal docente non universitario dependentes da consellería competente en materia de educación (ED001B)Tema:
OposiciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especial Educación de persoas adultasDepartamento:
Subdirección Xeral de Recursos HumanosColectivo:
ProfesoradoXúntase a Listaxe definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas artísticas superiores de música 2023/24.
Anuncio principal:
Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Música para o curso 2023/24Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas superiores de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
Alumnado CentrosListaxe definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas: aspirantes que se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato nas ensinanzas artísticas superiores de arte dramática.
Anuncio principal:
Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Arte dramática para o curso 2023/24Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de arte dramáticaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
Alumnado CentrosXúntase a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas na proba substitutiva de titulación de bacharelato. Ensinanzas deportivas – grao superior. Curso 2023/24.
Anuncio principal:
Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2023/24Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas deportivasDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
Alumnado CentrosXúntase a Listaxe definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas: aspirantes que se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato nas ensinanzas artísticas superiores de conservación e restauración de bens culturais 2023/24.
Anuncio principal:
Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Conservación e restauración de bens culturais para o curso 2023/24Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas de conservación e restauración de bens culturaisDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
Alumnado CentrosXúntase a Listaxe definitiva de persoas inscritas admitidas e excluídas: aspirantes que se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato nas ensinanzas artísticas superiores de deseño.
Anuncio principal:
Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2023/24Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas superiores de deseñoDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
Alumnado CentrosDe conformidade coa base 9.3 da Orde do 5 decembro de 2022, poderase consultar as cualificacións da proba eliminatoria de acreditación do coñecemento de lingua galega, valorada polo tribunal nomeado mediante Resolución Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos do 3 de maio de 2023, na seguinte ligazón: www.edu.xunta.gal/oposicions
Para estes efectos cómpre seguir as seguintes indicacións:
1.- Menú “Consultas públicas”
2.- Consulta de publicacións dos tribunais do concurso-oposición
3.- Opción Convocatoria Data DOG 22-12-2022, Servizo S
4.-Opción Corpo: 590-Profesores de ensino secundario
5.-Opción Especialidade: 053-Lingua e literatura galega
6.- Opción Tribunal 3 (especial)
Anuncio principal:
Concurso-oposición aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de EOI, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestresServizo relacionado:
OposiciónsTema:
Programas e plans OposiciónsEnsinanza:
Ensinanzas de réxime xeral Ensinanzas de réxime especialDepartamento:
Servizo de Profesorado de Educación Infantil e Primaria Servizo de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime EspecialColectivo:
ProfesoradoXúntanse as listaxes provisionais de centros admitidos para a incorporación á Rede de centros plurilingües para o curso 2023-2024.
Anuncio principal:
Convocatoria para a incorporación de novos centros docentes á Rede de Centros Plurilingües de Galicia para o curso 2023/2024Tema:
Plurilingüismo Programas e plans Centros plurilingüesEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Linguas estranxeirasXúntanse as listaxes provisionais de centros admitidos para a incorporación á Rede de centros plurilingües para o curso 2023-2024.
Anuncio principal:
Convocatoria para a incorporación de novos centros ao bacharelato de especialización en idiomas (Pluribach), para o curso 2023/2024Tema:
Plurilingüismo Programas e plans Centros plurilingüesEnsinanza:
BacharelatoDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Linguas estranxeirasXúntanse as listaxes provisionais de centros admitidos para a incorporación á Rede de centros plurilingües para o curso 2023-2024.
Anuncio principal:
Convocatoria para a incorporación de novos centros ao programa plurilingüe no segundo ciclo da Educación Infantil (Plurinfantil), para o curso 2023/2024Tema:
Plurilingüismo Programas e plans Centros plurilingüesEnsinanza:
Educación infantilDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosSección:
Linguas estranxeirasPublicadas as listaxes provisionais de alumnado admitido e excluído dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023.
Anuncio principal:
Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022/23Servizo relacionado:
Premios ao alumnadoTema:
Axudas e premios Premios autonómicosEnsinanza:
BacharelatoDepartamento:
Subdirección Xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo Servizo de Avaliación do Sistema EducativoColectivo:
Alumnado CentrosPublicase a resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, de 25 de maio de 2023, pola que se resolven dúas das iniciativas integradas no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS correspondentes ao curso 2022/2023.
Concédense os Selos "Biblioteca Escolar Solidaria" 2022/2023 a 5 centros educativos que se detallan, unha vez valoradas as candidaturas presentadas.
Así mesmo, selecciónanse 10 experiencias dun total de 50 memorias presentadas polos centros adheridos á iniciativa "Voluntariado de Primaria".
O programa "Bibliotecas Escolares Solidarias" é unha iniciativa integrada no Plan LÍA 2021-2025 de bibliotecas escolares, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Consellería de Política Social (Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado).
Anuncio principal:
Resolución do 30 de novembro de 2022 pola que se convoca para o curso 2022/2023 o programa denominado Bibliotecas Escolares Solidarias, integrado no PLAN LÍA de bibliotecas escolaresTema:
Programas e plans Plan LÍA Bibliotecas escolaresEnsinanza:
Educación primaria Educación secundaria obrigatoriaDepartamento:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación EducativaColectivo:
Profesorado Alumnado CentrosPublicados os exames e as respostas da convocatoria 2023 de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.
Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional Servizo de Xestión da Formación ProfesionalColectivo:
Alumnado CentrosPublicada a Resolución do 23 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2023.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 26 de maio ata o 14 de xuño de 2023, ambos os dous incluídos.
Tema:
Información xeral Programas e plansEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
Profesorado CentrosSección:
Boletín Portada de boletínPublicada a Resolución do 23 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa Aulas de emprendemento na Formación Profesional en centros públicos que impartan ciclos medios e superiores de Formación Profesional dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2023.
O prazo de presentación de solicitudes abranguerá entre os días 26 de maio de 2023 e o 14 de xuño de 2023, ambos os dous incluídos.
Tema:
Información xeral Programas e plansEnsinanza:
Formación Profesional inicialDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo Servizo de Relación co Sistema Produtivo, Orientación e Inserción LaboralColectivo:
CentrosSección:
Boletín Portada de boletínListaxe provisional de persoas inscritas admitidas e excluídas para a realización da proba específica das ensinanzas artísticas superiores de música 2023/24.
Anuncio principal:
Instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas artísticas superiores de Música para o curso 2023/24Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas superiores de músicaDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
Alumnado CentrosXúntase a relación provisional de persoas admitidas e excluídas na proba substitutiva de titulación de bacharelato. Ensinanzas deportivas – grao superior. Curso 2023/24.
Anuncio principal:
Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2023/24Tema:
EscolarizaciónEnsinanza:
Ensinanzas de réxime especial Ensinanzas deportivasDepartamento:
Dirección Xeral de Formación Profesional Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente, Ensinanzas Artísticas, Idiomas e Deportivas Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe PermanenteColectivo:
Alumnado CentrosXunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |