Actividades para o alumnado.

    CONVOCATORIA MOBILIDADES Erasmus+ 

prazo de solicitude aberto ata 17 novembro.

MOBILIDADE EN GRUPO:  10 membros do alumnado acudirán á Escola de Segunda Oportunidade de Kalamata (Grecia) para realizar unha estadía de 12 días.  Terá lugar fisicamente en maio de 2024, pero comezará con actividades telemáticas á volta do Nadal. Financiada en parte polos fondos da Unión Europea.

MOBILIDADE DE LARGA DURACIÓN: a persoa seleccionada integrarase nun grupo ordinario dunha escola de Educación de Persoas Adultas de Padua (Italia) para realizar estudos de Educación Secundaria durante 3 meses. Tamén financiada en parte.

Prema  AQUÍ  para ler máis información e poder descargar os modelos de solicitude. Unha vez cubertos envieos ao enderezo indicado ou ben presénteos na secretaría.