Solicitude de devolución de taxas

Soamente procede a devolución de taxas por:

  • Causa imputable ao centro (peche de grupo ou modificación por parte do centro do horario no que se matriculou)
  • Concesión dunha bolsa para os estudos de idiomas

Para solicitar a devolución, debe presentar na secretaría do centro ou enviar a eoi.ourense.matricula@edu.xunta.gal a seguinte documentación:

  • Impreso de solicitude de devolución. Descárgueo aquí.
  • Fotocopia do DNI / NIE
  • Certificación bancaria co número de conta (se escolle devolución por transferencia)
  • Orixinal e fotocopia do impreso das taxas aboadas
  • Resolución da concesión de bolsa, se é o caso
  • Libro de familia (só se o alumno é menor de idade e non consta como titular da conta)