Trámites CURSO 24/25

 

ADAPTACIÓN DE PROBAS:  Acceder aquí á información e ao formulario de solicitude.

REASIGNACIÓN DE NIVEL: Premer aquí para ver a información.

RENUNCIA Á MATRÍCULA:  Ata o 23 de abril de 2025

O alumnado poderá solicitar ao centro a renuncia voluntaria á matrícula remitindo este formulario a eoi.ourense.matricula@edu.xunta.gal. Esta renuncia constará no expediente académico e nas actas de avaliación do alumnado.

Que implica a renuncia voluntaria:

  • A renuncia é efectiva dende o momento en que se tramita a solicitude; o alumnado que renuncie non poderá asistir a clase dende a data en que se confirme a aceptación da renuncia.
  • A renuncia nun curso/nivel non computará para efectos de permanencia.
  • A renuncia non conleva a devolución das taxas aboadas.
  • Se desexa continuar os seus estudos despois da renuncia deberá someterse de novo ó proceso de admisión.