- Instrución 11/2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regulan as probas de certificación das ensinanzas de idiomas de réxime especial polo réxime libre para o curso 2023/24
Convócanse probas de certificación dos niveis A2, B1, B2 e C1.
Prazo de inscrición: do 2 ao 20 de outubro de 2023. A aplicación web de matrícula permanecerá aberta ata as 12.00 do mediodía do 20 de outubro.
A partir do día 24 poderás comprobar que estás admitida e deberás formalizar a matrícula e entregar o resgardo de taxas e a documentación necesaria ata o 31 de outubro (incluído).
Datas de administración dos exames: No mes de xaneiro de 2024.
Aquí podes consultar o calendario de realización das probas escritas dos nveis B2 e C1 publicados na Instrución 11/2023.
Aquí podes consultar o CALENDARIO DA PARTE ESCRITA da EOI de VIVEIRO. As datas dos exames orais serán publicadas o antes posible.
- Pincha neste enlace para informarte sobre as probas de certificación.
- Pincha neste enlace para ver as taxas de matrícula e a documentación que debes presentar e comezar coa inscrición.
Para entrar en CentrosNet por primeira vez segue estas instrucións. Se xa entraches pero tes dúbidas de como cubrir cada campo na pantalla de acceso, repasa o punto 4 das anteriores instrucións.
Se xa entraches en CentrosNet e creaches o teu contrasinal persoal pero non o recordas, segue estas instrucións.
Se non estás seguro de se creaches o teu contrasinal persoal ou non coñeces algún dos campos a cubrir na páxina de acceso, ponte en contacto por teléfono (982551745) ou presencialmente coa secretaría da escola.
Se non recordas o teu número de expediente, podes substituílo pola túa data de nacemento co formato: DD/MM/AAAA.