Preinscrición e matrícula

Preinscrición e matrícula. Curso 2019-2020

Prazo de Preinscrición: do 2 ao 16 de setembro.

Farase on-line no seguinte enlace: https://www.eoidigital.com/preinsxunta (non é necesario presentar ningunha documentación na Secretaría da escola para preinscribirse).

Deberá facer preinscrición para poder matricularse o seguinte alumnado:

- Alumnado que empeza no primeiro curso de nivel básico.

- As persoal procedentes da proba de clasificación.

- As persoas que solicitan acceso directo por titulación.

- As persoas que se incorporan á ensinanza presencial tras superar as probas de certificación polo réxime libre.

- As persoas procedentes de traslado de expediente.

- Antigo alumnado que non estivera matriculado no curso 2018-2019 polo réxime oficial.

- Alumnado que renunciou á matrícula no curso 2018-2019.

 

Se xa cursaches estudios do idioma no que te preinscribes en algunha Escola Oficial de Idiomas consulta as seguintes táboas para saber en que curso debes preinscribirte.

Podes consultar as instrucións para realizar a preinscrición on-line.

 

Prazos de matrícula

Farase on-line a través do seguinte enlace: https://www.informaticacentros.com/xunta (A matrícula non será válida ata que se realize o pago, salvo exención de pagamento de taxas, e se presente toda a documentación na secretaría da Escola no prazo de matrícula). 

As persoas que fixeron preinscrición: Do 19 ao 27 de setembro. A partir do día 18 de setembro poderase consultar (entrando co contrasinal que se creou para realizar a preinscrición) na aplicación web se foi admitido. De ser así, terá dispoñible (dentro do prazo de matrícula) nesa páxina un acceso directo ao enlace de matrícula (esta é a forma que recomendamos dende esta Escola para acceder ao enlace de matrícula).

Podes consultar as instrucións para relizar a matrícula on-line.

Distribuir contido