Probas de clasificación

Información xeral

As probas de clasificación teñen por obxectivo determinar o nivel de dominio dunha lingua das persoas que desexan matricularse por oficial nas escolas oficiais de idiomas de Galicia nun nivel superior a primeiro curso do nivel básico ou básico integrado.

As probas determinan para cada persoa o curso que lle resulta máis axeitado para se incorporar de acordo coa súa competencia ligüística.

Están exentos de realizar estas probas, e polo tanto terán acceso directo ao curso que lles corresponda as persoas que posúen estudos de idiomas que lles permitan acceder directamente a un curso que non sexa básico 1. Deben comprobarse as validacións na circular da convocatoria de matrícula oficial.

A incorporación tras as probas de clasificación ao curso  correspondente estará condicionada á existencia de prazas libres.

As probas de clasificación realizadas en calquera escola oficial de idiomas de Galicia dan acceso a  todas as escolas da comunidade autónoma e teñen validez durante dous anos.

 

Persoas que poden realizar estas probas: 

Idade: As persoas aspirantes deben ter dezaseis anos cumrpidos antes do 31 de decembro do ano en que se convocan, se se trata do primeiro idioma cursado no ensino secundario, e catorce de non ser así.

Poderán optar ás probas de clasificación todas as persoas que cumpran o requisito da idade e non estiveron matricucadas na modalidade presencial dese idioma con anterioridade.  

 

 

 

 

Distribuir contido