Documentación necesaria

Documentación para a inscrición como alumnado oficial

MATRÍCULA 

 Documentación

Alumnado antigo: Só presentarán:

  • Resgardo da matrícula feita por internet (copia para o centro e copia para o alumnado). 
  • Xustificante de ter aboadas as taxas (copia para o centro e copia para o alumnado). 

Alumnado  novo

  • Resgardo da matrícula feita por internet (copia para o centro e copia para o alumnado).
  • Xustificante de ter aboadas as taxas (copia para o centro e copia para o alumnado).
  • Fotocopia DNI.
  • 2 fotos tamaño carné.
  • O alumnado que teña expediente aberto noutra escola oficial de idiomas, certificación académica de dita escola.

Para todo o alumnado

  • O alumnado que sexa menor de 16 anos, certificación do IES correspondente, onde acredite a primeira lingua estranxeira que está cursando.
  • O alumnado que fraccione o pago (hai que marcar esa opción cando se fai a matrícula por internet, na opción tipo de taxa) deberá presentar un certificado da conta bancaria onde conste o IBAN, e que dita alumna/o é titular desa conta.
  • O alumnado que acceda directamente a un curso distinto do 1º nivel por outras titulacións, deberá presentar o correspondente título ou certificación acreditativa.
  • O alumnado con acceso directo por ter aprobado bacherelato, presentará certificación académica do centro, onde quede constancia que a persoa cursou dito idioma como primeira lingua estranxeira, e que ten aprobado o bacherelato.
  • Aquelas persoas con descontos nos prezos de matrícula presentarán orixinal e fotocopia do documento que así o confirme:
  1. Familia numerosa: Orixinal e fotocopia do libro de Familia Numerosa.
  2. Discapacidade: Certificado ou resolución  de recoñecemento de grao de discapacidade (33%) do alumno ditado polo órgano competente nesta materia. Estarán exentos do pago de taxas. No caso de solicitar adaptación das probas cubrir o anexo V da circular de matrícula.
  3. Vítimas de terrorismos: estarán exentas do pago das taxas así como os seus cónxuxes e fillos. É necesario presentar a resolución administrativa na que se lles recoñece esa condición.
  4. Vítima de violencia de xénero: Sentenza xudicial que acredite esa condición.
  5. Persoal funcionario docente non universitario. Certificado de estar en activo no momento de formalizar a matrícula. Se repite curso non terá dereito a este desconto.

 

Bolsas

O alumnado que solicite bolsa de estudos (hai que marcar esa opción cando se fai a matrícula por internet, na opción tipo de taxa) non pagará taxas ata que se resolva a súa solicitude e só no caso de que ésta fose denegada.

 

 

Distribuir contido