Ensinanzas

Listado de Ensinanzas

As ensinazas da Escola Oficial de Idiomas de Viveiro Luz Pozo Garza están estruturadas da seguinte maneira para os catro idiomas que se imparten; Alemán, francés, inglés (tamén na sección de Burela) e italiano: 

  • Nivel A1 do MECRL 
  • Nivel A2 do MECRL 
  • Nivel B1 do MECRL
  • Nivel B2 do MECRL 
  • Nivel C1 do MECRL 
  • Nivel C2 do MECRL

As modadidades de estudo que o alumnadoo pode seguir son:

·        OFICIAL PRESENCIAL: Permítelles aos alumnos a asistencia á clase durante o curso académico (outubro a xuño) cunha duración de 120 horas (4 horas á semana ). Teñen dereito á realización das probas de final de curso: probas de promoción, ou probas de certificación de nivel.

·        OFICIAL A DISTANCIA (só en inglés): seguindo o programa "That's English" o alumnado matriculado neste tipo de ensinanza ten dereito a asistir a unha titoría semanal no centro de hora e media. Ten dereito á realización dos exames para superar os módulos nos que se estrutura este tipo de ensinanza.

O alumnado do programa That's English que desexe ter os certificados de Nivel A2, B1 e B2 deberá realizar estas probas xunto co resto do alumnado oficial e libre.

·         LIBRE: Enténdese por alumnado libre aquel que se matricula na Escola só para realizar as probas de certificación de nivel  e obter o título correspondente.

 

 

 

 

Distribuir contido