Secretaría

Horario e trámites máis comúns da secretaría desta Escola

O horario de atención presencial ou telefónica da secretaría durante o curso, é o seguinte:

  • Horario de mañá: De luns a venres de 09:30 a 14:00 horas.
  • Horario de tarde: De luns a XOVES de 16:00 a 20:30 horas.

Tamén podes contactar coa secretaría a través do enderezo web xeral da escola eoi.viveiro@edu.xunta.gal, ou entregar a documentación de matrícula no enderzo web matriculaeoiviveiro@gmail.com. Este é o único correo válido para achegar documentación de matrícula na escola, e non é válido para presentar ou realizar ningún outro trámite.

 

TRÁMITES MÁIS COMÚNS

  • Solicitude de certificación de estudos ou de matrícula.

Podes solicitalos por teléfono, presencialmente na secretaría ou a través do enderezo web, cubrindo este impreso.

 

  • Solicitude de cambio de grupo.

Para solicitar o cambio de grupo debes cubrir e asinar este impreso e entregalo presencialmente na secretaría ou a túa profesora. Os datos do profesorado son cubertos pola escola.

 

  • Solicitude de renuncia á matrícula.

Ata o 30 de abril podes renunciar á túa matrícula cubrindo este impreso. Podes solicitar á renuncia presencialmente na secretaría ou a través do enderezo web eoi.viveiro@edu.xunta.gal . O impreso que envíes debe estar asinado.

 

  • Solicitude de devolución de taxas pagadas indebidamente (por causas non imputables ao alumnado).

Debes entregar a solicitude debidamente cuberta e asinada, xunto cunha copia do teu DNI/NIE e o impreso do pagamento das taxas que reclamas.

 

  • Solicitude de titulación B2, C1 ou C2 (os títulos de A2 e B1 non hai que solicitalos, poden recollerse na secretaría a partir de mediados de novembro).

Podes recoller os impresos na secretaria da escola o descargalos na web, onde che indicamos os pasos a seguir para solicitalo.

 

  • Reclamación de cualificacións.

Se non estás de acordo coa cualificación obtida, podes presentar presencialmente na secretaría ou a través do enderezo web, unha reclamación perante a dirección do centro no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte o da publicación da túa nota. Podes consultar aquí o procedemento de reclamación.

 

  • Instancia xeral para facernos chegar reclamacións, queixas ou dúbidas de carácter xeral.

 

Distribuir contido