Titulacións

Titulacións

Segundo o plan de estudos actual as Titulacións que se poden acadar cos estudos da Escola Oficial de Idiomas son as seguintes:

  • Certificado de Estudos de Nivel A2.
  • Certificado de Estudos de Nivel B1.
  • Certificado de Estudos de Nivel B2.
  • Certificado de Estudos de Nivel C1.
  • Certificado de Estudos de Nivel C2.

Estes niveis  enmárcanse dentro do Marco Europeo Común de Referencia do Consello de Europa.

O alumnado do programa That's English que desexen obter ditos certificados  deberán realizar estas probas pola modalidade libre.

Títulos do curso 2018-2019

Os títulos de A2 e B1 son emitidos polo propio centro, e estarán dispoñibles na Secretaría da Escola de Idiomas a partir do 15 de Novembro.

 Os títulos de B2, C1 e C2 son emitidos pola Consellería de Educación e deben ser solicitados na Secretaría da Escola presentando a seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI.

- Impreso de solicitude de título (facilitado pola Escola).

- Impreso de taxas modelo A (facilitado pola Escola) pagado na entidade bancaria.

                Taxas:  Normal: 24,78€.

                Familia numerosa de categoría xeral: 12,41€.

                Familia numerosa de categoría especial: 0€

Os títulos son solicitados á Consellería pola Escola cada mes de novembro,  e tardan arredor de 2 anos en chegar á Escola, que avisa mediante SMS ás persoas interesadas da chegada do título ao centro.

 

 Recollida dos títulos solicitados á Consellería

Cando recolle o título a persoa interesada é necesario que se asine no libro de títulos.

Cando recolle o título outra persoa que non sexa a interesada ten que traer unha autorización asinada pola persoa titular e unha fotocopia do DNI desta. A persoa que retire o título, identificarase co seu DNI asinará co seu nome e poñerá DNI e data de recollida.

 

Distribuir contido