Taboleiro de anuncios Burela

Probas de certificación. Curso 2020-2021

- O alumnado libre realizará os exames xunto co alumnado presencial, agás nos niveis B2 e C1 de inglés, que terán os exames por separado. O alumnado CUALE examinarase cos presenciais. A parte escrita do nivel B2 (alumnado libre) será o 1 de xullo e a parte escrita do nivel C1 (alumnado libre) será o día 2 de xullo.

AQUÍ podes consultar o CALENDARIO coas datas de TODOS os exames ESCRITOS de certificación da convocatoria ordinaria desta escola.

- Na segunda quincena do mes de maio publicaremos o calendario completo cos exames escritos e orais de todos os niveis. As probas orais poden ser antes ou despois da parte escrita.

- A norma que regula as probas de certificación deste ano é a circular 1/2021 da S.X. de Educación e F.P.

- Neste enlace atoparás información sobre as probas de certificación.

- Neste enlace atoparás as guías informativas e de especificacións das probas de certificación do ano 2021 de todos os niveis.

- Neste enlace atoparás as táboas de avaliación das probas de certificación do ano 2021 de todos os niveis.

- Nos anexos VI e VII podes consultar as datas de celebración dos exames escritos da convocatoria ordinaria dos niveis B2, C1 e C2 publicados na circular de matrícula (ao C2 só pode presentarse o alumnado presencial).

- Neste anexo podes consultar as datas de celebración dos exames escritos da convocatoria extraordinaria dos niveis B2, C1 e C2 (esta convocatoria é unicamente para o alumnado presencial e CUALE).

 

Acceso a CentrosNet

Para entrar en CentrosNet por primeira vez segue estas instrucións. Se xa entraches pero tes dúbidas de como cubrir cada campo na pantalla de acceso, repasa o punto 4 das anteriores instrucións.

Se xa entraches en CentrosNet e creaches o teu contrasinal persoal pero non o recordas, segue estas instrucións.

Se non estás seguro de se creaches o teu contrasinal persoal ou non coñeces algún dos campos a cubrir na páxina de acceso, ponte en contacto presencialmente ou por teléfono (982551745) coa secretaría da escola.

Distribuir contido