Documentación e taxas probas clasificación

Documentación e taxas para a proba de clasificación

A documentación a entregar é a seguinte:

  • Impreso de matrícula cuberto e ASINADO. Facilitado polo centro, na secretaría ou neste enlace.
  • Copia do DNI/NIE.
  • Resgardo de ter pagado as taxas de matrícula.
  • No caso do alumnado que sexa menor de 16 anos a 31 de decembro do ano de realización das probas, certificado expedido polo centro onde  estea matriculado no que se faga constar a primeira lingua estranxeira cursada na educación secundaria obrigatoria no presente curso escolar. As persoas aspirantes deben ter dezaseis anos cumpridos antes do 31 de decembro do ano en que se convocan, se se trata do primeiro idioma cursado no ensino secundario, e 14 de non ser así. 
  • Membros de familia numerosa: Copia actualizada do libro de familia numerosa.
  • No caso de discapacidade (igual ou superior ao 33%) deberase achegar documentación acreditativa para a exención do pago das taxas e, se solicita adaptación, cubrir o formulario facilitado pola escola ou descargalo da páxina web da escola (anexo IX da Orde de 8 de setembro de 2008, de avaliación).

 

A presentación da documentación para a formalización da matrícula na secretaría farase telematicamente, no correo matriculaeoiviveiro@gmail.com . Este é o único correo válido para presentar a documentación de matrícula de clasificación na escola, e non é válido para realizar ningún outro trámite,  como preguntas xerais sobre prazos e trámites de matrícula. No caso de non poder realizala por este medio, poderás presentala fisicamente na secretaría da escola.

Taxas 

A taxa da proba de clasificación é de 17 € por cada idioma, agás descontos . O pagamento poderase realizar de dúas maneiras:

  1. Telemático: O pagamento poderase realizar a través de internet; preme neste enlace para seguir as instrucións resumidas pola escola.
  2. Presencial: Recollendo o impreso na secretaría da escola (modelo E), ou xerando o modelo AI de autoliquidación de taxas (enlace), e pagando na entidade bancaria. 
Distribuir contido