Probas de certificación

Probas certificación

Neste enlace atoparás as guías do alumnado do curso 2018-2019.

Neste enlace atoparás modelos  das probas de certificación.

 

Acceso ás probas de certificación

Alumnado de ensinanza libre

1. Poderanse matricular nas probas de certificación daquel idioma que cursasen como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan dezaseis anos cumpridos ou que os cumpran antes do 31 de decembro do ano de realización das probas.

 2. Poderanse matricular nas probas de certificación daqueles idiomas que non cursasen como primeira lingua estranxeira na educación secundaria obrigatoria aquelas persoas que teñan catorce anos cumpridos ou que os cumpran antes do 31 de decembro do ano de realización das probas.

 3. O alumnado libre poderá matricularse en calquera nivel das probas de certificación, previo pagamento dos prezos públicos correspondentes, sen que sexa requisito ter obtido o certificado do nivel anterior.

 4. O alumnado libre que supere a proba de certificación de calquera nivel (A2, B1, B2 e C1) poderá incorporarse ao primeiro curso do nivel superior do réxime de ensinanza oficial presencial en calquera escola oficial de idiomas, sempre e cando sigan o procedemento de preinscrición e matrícula que se estableza.

 5. O alumnado non poderá estar matriculado no mesmo idioma e curso no mesmo ano académico por ensino oficial e libre simultaneamente.

 6. O alumnado que realizara estudos nunha escola oficial de idiomas e desexe matricularse polo réxime libre noutra escola, deberá indicar esta circunstancia na solicitude de matrícula ao efecto de que a escola na que se matricula como alumno libre solicite o traslado de expediente á escola de orixe.

 

 Alumnado de ensinanza oficial

1. O alumnado oficial matriculado nun curso final de nivel terá que superar a proba de certificación correspondente para obter o certificado dese nivel que lle permita promocionar, se é o caso, ao nivel inmediatamente superior. Este alumnado non terá que facer os trámites anteriores ao ter xa dereito á proba pola súa matrícula como alumnado oficial no curso.

 2. O alumnado oficial matriculado nun curso non final de nivel que desexe realizar as probas de certificación de calquera nivel, poderá matricularse nas mesmas na Escola na que é alumno/a oficial, de acordo coas instrucións establecidas nesta circular. Se o idioma do que desexa matricularse polo réxime libre non se impartira na Escola na que está matriculado/a como alumno/a oficial, poderá matricularse noutra Escola que imparta esa lingua, indicando esta circunstancia na súa solicitude co obxecto de que dita escola solicite copia do seu expediente académico á escola de orixe.

 

 

Distribuir contido