Preguntas frequentes

Breves respostas ás preguntas máis habituais...

 1. Que linguas se poden estudar na EOI de Viveiro?

Alemán, francés, inglés e italiano.

 

 2. Hai máis escolas de idiomas na zona de viveiro?

Hai unha sección da EOI de Viveiro en Burela, no IES Monte Castelo, só para estudar inglés.

 

3. Que modalidade de ensino hai?

Oficial: As clases comezan en setembro.

Libre: Só te presentas aos exames de certificación no mes de xuño.

A distancia (That’s English): Só para inglés.

 

4. A partir de que idade me podo matricular na EOI?

A partir dos 16 anos, cumpridos no ano no que comecen os estudos para a lingua que se cursa como primeira idioma na ESO (normalmente é o inglés). E 14 para os outros idiomas.

 

5. Cando comeza o período de matrícula?

Varía cada ano. Para o réxime oficial soe ser en setembro.  Para o réxime libre, acostuma ser entre marzo e abril. As datas sempre saen publicadas na nosa páxina web.

 

6. Necesito facer unha preinscrición para matricularme?

Si. Sempre e cando non estiveras matriculado nesta  EOI polo réxime oficial e continúes estudios.

 

7. Como me podo matricular?

Durante o prazo establecido, deberás matricularte obrigatoriamente a través de internet pero a túa matrícula non quedará formalizada ata que presentes na secretaría da EOI o xustificante do pagamento e dúas copias do xustificante de matrícula que imprimes na aplicación.

 

8.Que documentación preciso a primeira vez que me matriculo?

Enlace á documentación necesaria.

 

9. Hai algún requisito académico para acceder á EOI?

Non. Se te matriculas en primeiro curso na modalidade oficial ou en calquera nivel pola modalidade libre , se tes máis de 16 anos. Se queres acceder a un curso distinto de primeiro pola modalidade oficial, tes que presentar a documentación que che da acceso a ese curso.

 

10. Hai algún tipo de desconto no prezo da matrícula?

Si. Se estás nalgunha das seguintes situacións: Familia numerosa, funcionario/a docente da Consellería de Educación, bolseiro/a, discapacitado/a, vítima de terrorismo ou violencia de xénero. É obrigatorio acreditar a condición. Podes consultar os prezos na nosa web, na sección Matrícula – Taxas.

 

11. Podo matricularme por oficial e por libre no mesmo ano e na mesma lingua?

Si, sempre que non sexa do mesmo curso.

 

12. Podo volver matricularme dun curso que xa teño aprobado?

Artigo 9.2 da circular 3/2019 de matricula.

 

13. Podo matricularme dun curso distinto de primeiro?

Si. Se tes algunha das titulacións recollidas na listaxe de accesos directos por titulacións na sección Matrícula – Acceso directo por titulación da nosa páxina web.

 

14. Que é a proba de clasificación?

Unha proba específica que determina o teu nivel da lingua e que che pode dar acceso a un curso distinto de primeiro de básico.

 

15. Cando podo facer a proba de clasificación?

Adoita ser nos primeiros días de setembro.

 

16. Podo facer a proba de clasificación se xa estiven matriculado con anterioridade nesa lingua nunha EOI?

Non.

 

17. Canto tempo ten validez a proba de clasificación?

Dous cursos.

 

18. É obrigatorio asistir ás clases?

Se tes máis do 20% de faltas sen xustificar, perdes o dereito á avaliación continua.

 

19. Podo asistir de oínte sen estar matriculado?

Non.

 

20. Podo examinarme se perdo o dereito á avaliación continua?

Si. Tanto na convocatoria de xuño como na de setembro.

 

21. Cantas veces podo repetir curso pola modalidade oficial?

Tes o dobre de convocatorias  que cursos ten o ciclo.

 

22. Cantas veces podo presentarme aos exames do mesmo nivel por libre?

Non hai límite.

 

23. A que equivalen os cursos feitos cos plans anteriores?

Consulta os seguinte cadro.

 

24. Como podo solicitar unha certificación académica?

A través do correo electrónico eoi.viveiro@edu.xunta.gal, por correo ordinario, na secrataría da escola ou por teléfono chamando ao 982551745.

 

25. Como podo solicitar o certificado cando remato?

Os certificados de nivel A2 e B1 non é necesario solicitalos. Poden recollerse na oficina de administración a partir de Novembro. Os de B2, C1 E C2 debes solicitalos seguindo este procedemento.

Distribuir contido