MATRÍCULA
Documentación
Alumnado antigo nesta escola: Só presentará:
- Resgardo da matrícula feita por internet (copia para o centro e copia para o alumnado).
- Xustificante de ter aboadas as taxas (copia para o centro e copia para o alumnado).
Alumnado novo nesta escola:
- Resgardo da matrícula feita por internet (copia para o centro e copia para o alumnado).
- Xustificante de ter aboadas as taxas (copia para o centro e copia para o alumnado).
- Fotocopia DNI.
- 2 fotos tamaño carné.
- O alumnado que teña expediente aberto noutra escola oficial de idiomas, certificación académica de dita escola.
Para todo o alumnado
- O alumnado que sexa menor de 16 anos, certificación do IES correspondente, onde acredite a primeira lingua estranxeira que está cursando.
- O alumnado que fraccione o pago (hai que marcar esa opción cando se fai a matrícula por internet, na opción tipo de taxa) deberá presentar un certificado da conta bancaria onde conste o IBAN, e que dita alumna/o é titular desa conta.
- O alumnado que acceda directamente a un curso distinto do 1º nivel por outras titulacións, deberá presentar o correspondente título ou certificación acreditativa.
- O alumnado con acceso directo por ter aprobado bacherelato, presentará certificación académica do centro, onde quede constancia que a persoa cursou dito idioma como primeira lingua estranxeira, e que ten aprobado o bacherelato.
- Aquelas persoas con descontos nos prezos de matrícula presentarán orixinal e fotocopia do documento que así o confirme:
- Familia numerosa: Orixinal e fotocopia do libro de Familia Numerosa.
- Discapacidade: Certificado ou resolución de recoñecemento de grao de discapacidade (33%) do alumno ditado polo órgano competente nesta materia. Estarán exentos do pago de taxas. No caso de solicitar adaptación das probas cubrir o anexo V da circular de matrícula.
- Vítimas de terrorismos: estarán exentas do pago das taxas así como os seus cónxuxes e fillos. É necesario presentar a resolución administrativa na que se lles recoñece esa condición.
- Vítima de violencia de xénero: Sentenza xudicial que acredite esa condición.
- Persoal funcionario docente non universitario. Certificado de estar en activo no momento de formalizar a matrícula. Se repite curso non terá dereito a este desconto.
Bolsas
O alumnado que solicite bolsa de estudos (hai que marcar esa opción cando se fai a matrícula por internet, na opción tipo de taxa) non pagará taxas ata que se resolva a súa solicitude e só no caso de que ésta fose denegada.
As bolsas solicítanse a través da páxina do Ministerio de Educación: enlace
No caso de ter concedida a beca e, abandoar ou non aprobar o curso, terase que devolver o importe recibido na beca.