Probas de clasificación

Información xeral

Documentación e taxas a entregar para matricularte na proba de clasificación.

As persoas aspirantes deben ter dezaseis anos cumpridos antes do 31 de decembro do ano en que se convocan, se se trata do primeiro idioma cursado no ensino secundario, e 14 de non ser así. 

As probas de clasificación teñen por obxecto facilitarlle ao alumnado que dispoña de coñecementos previos dun idioma, e non poida acreditalos (comproba no enlace os accesos directos), a incorporación a calquera curso e nivel desa lingua.

Terán dereito a realizar as probas de clasificación para cada idioma aquelas persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial. Así memo, poderán realizar estas probas as persoas que cursaron con anterioridade estudos do idioma e que non se matricularon en réxime oficial nos dous cursos anteriores ao que desexen acceder. Este alumnado deberá ter en conta que se o resultado da proba lle dá acceso a un curso que xa superou nese idioma non poderá cursalo de novo, polo que o resultado da proba non terá efecto.

Unha vez publicados os resultados das probas de clasificación, o alumnado que as realizase deberá solicitar a preinscrición no curso e nivel ao que obtivo acceso. Nesta escola, no ano 2023, a proba de clasificación realízase en setembro (unha vez rematados os prazos ordinarios de matrícula) polo que o alumnado deberá matricularse no período de vacantes ata o día 8 de setembro.

A incorporación ao curso que determine o resultado da proba estará suxeita á dispoñibilidade de prazas no dito curso. Esta incorporación non dará dereito en ningún caso á certificación dos cursos e niveis inferiores.

O resultado das probas de clasificación ten unha vixencia de dous cursos académicos para os efectos de preinscrición e da formalización da matrícula oficial nas escolas oficiais de idiomas de Galiza. A proba de clasificación realizada en calquera Escola Oficial de Idiomas de Galiza ten validez en todas as escolas oficiais de idiomas galegas.

O alumnado que se inscriba nas probas de clasificación e desexe optar a unha praza no primeiro curso do nivel básico, no caso de que non obteña o acceso por proba de clasificación, terá que realizar tamén a preinscrición para este nivel no idioma correspondente.

Distribuir contido