Requisitos:
Antes de matricularse, teña en conta o seguinte:
- o alumnado poderá matricularse nos niveis: básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1;
- restricións de idade: é preciso ter cumpridos os 16 anos antes do 31 de decembro do ano en curso (para a 1ª lingua estranxeira cursada na ESO), ou 14 anos para calquera idioma diferente ao que estea a cursar como 1.ª lingua estranxeira na ESO;
- non é posible obter o certificado dun nivel equivalente a outro xa cursado no anterior plan de estudos de EOI;
- non é necesario superar o exame de certificación dun nivel inferior para poder presentarse a un de nivel superior;
- non hai límite de convocatorias en modalidade libre (é posible matricularse cantas veces se queira);
- non se certifican horas de formación en modalidade libre;
- o alumnado na modalidade libre debe comprobar se se pode presentar ás probas nas datas establecidas antes de matricularse. Non se devolven as taxas.
- O alumnado que xa realizou estudos noutra EOI ten que indicalo e solicitar o traslado de expediente.
- Non se pode estar matriculado por libre e oficial no mesmo curso .
Exames que terán lugar na EOI A Coruña
Nivel A2 |
Nivel B1 |
Nivel B2 |
Nivel C1 |
- Alemán
- Árabe
- Chinés
- Español Lingua Estranxeira
- Francés
- Galego
- Inglés
- Italiano
- Portugués
- Ruso
- Xaponés
|
- Alemán
- Árabe
- Español Lingua Estranxeira
- Francés
- Galego
- Inglés
- Italiano
- Portugués
- Ruso
|
- Alemán
- Español Lingua Estranxeira
- Francés
- Galego
- Inglés
- Italiano
- Portugués
|
- Alemán
- Español Lingua Estranxeira
- Francés
- Galego
- Inglés
- Italiano
- Portugués
|
Procedemento
- Pasos a seguir para todos os niveis agás B2 e C1 de inglés e galego
- Ir a seguinte ligazón: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre
- Seleccionar a EOI onde se queira realizar a proba.
- Presentar a documentación requerida na aplicación onde se inscribiu (https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre )
- Pasos a seguir para os niveis B2 e C1 de galego e inglés
- Ir a seguinte ligazón: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre
- Debe seleccionar por orde de preferencia os centro en que se van administrar as probas.
- A aplicación asignaralle un número a cada solicitude. Para a asignación de prazas haberá un sorteo o día 22 de outubro ás 12:00.
- O día 24 de outubro o alumnado poderá consultar na aplicación onde se inscribiu a escola onde foi admitido.
- Presentar a documentación requerida na aplicación onde se inscribiu (https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre ) do e 24 ao 31 de outubro ás 14:00h.
NOTA: O pagamento da matrícula libre NON pode ser fraccionado.
Documentación que hai que entregar
- Documento que xera a aplicación
- Resgardo de pago. Consultar taxas e como pagar.
- Copia de DNI, NIE ou pasaporte
- Alumnado menor de idade: Anexo I
- Alumnado con diversidade funcional que necesita adaptación do exame: Anexo II
Taxas para as probas libres: Taxas para as pobas libres. Consultar aquí
Datas de matrícula
Preinscrición: do 2 ao 20 de outubro.
Matrícula:
- Para B2 e C1 de galego e inglés: do 24 ao 31 de outubro as 14:00h
- Para os demais cursos do 2 ao 20 de outubro ás 12:00h. Pódese entregar documentación ata o 31 de outubro ás 14:00h
Datas das probas escritas. Premer aquí
NOTA: As probas orais poderán ser antes ou despois da proba escrita e publicarase cunha antelación dunha semana.
Guías para as persoas candidatas: Premer aquí
Modelos de probas: Premer aquí
