Curso 2023/24

Proxección curtametraxe documental sobre a música árabe actual

Actividade do Departamento de Árabe, aberta ao público ata completar aforo:

CONFERENCIA SOBRE CHINA

O mércores 13 de marzo ás 19:00 h na biblioteca do Forum Metropolitano a auxiliar de conversa Jia Baihui (Alba) e a profesora do Hanban Zhao Rui (Ruth) do Departamento de Chinés impartirán a conferencia "China: tradición e modernidade".

Tedes o cartel informativo AQUÍ.

 

ANINOVO CHINÉS

 

Continuamos coa celebración do Aninovo Chinés no barrio de Agra do Orzán. Esta fin de semana haberá moitas actividades levadas a cabo por varias entidades colaboradoras. O DEPARTAMENTO DE CHINÉS participará o sábado 24 ás 10:30 h na libraría Galgo Azul cunha charla sobre o Aninovo Chinés e un obradoiro de caligrafía chinesa. Animádevos a vir!

Aninovo Chinés

 

PROGRAMA COMPLETO DE ACTIVIDADES

MOI IMPORTANTE: Restricións de tráfico o xoves 22 de febreiro

O vindeiro xoves 22 de febreiro terá lugar na cidade a primeira etapa da carrera ciclista profesional O GRAN CAMIÑO 2024 unha contrarreloxo individual de 15 kilómetros con saída e chegada na Torre de Hércules. A proba afectará á circulación de vehículos e peóns, ao aparcamento e aos accesos a determinados barrios. Toda a información está disponible na páxina web municipal e no teléfono 010.

Según a información que traslada a Concellaría de Deportes, a carreira transcorrerá polas seguintes vías: Paseo Marítimo, Matadoiro, avenida Pedro Barrié de la Maza, avenida de Bos Aires, paseo de Rolda, avenida de San Roque (ata este punto, en sentido contrario ao establecido para a circulación de vehículos), avenida de Labañou, rolda de Outeiro, Manuel Azaña, Emilio González López, Simón Bolivar, Carmen Rodríguez-Losada Trulock, estrada dos Fortes, estrada do Portiño e paseo marítimo ata a Torre de Hércules.

O horario da proba será de 15.30 a 17.30h e será retransmitida en directo por Eurosport e a TVG.

As restricións de tráfico comezarán ás 11:00, pero será a partir das 13:00 h e ata que finalice a proba (a partir das 17:15 h, progresivamente segundo o barrio) cando se producirán os maiores cortes.

A saída e a meta estarán situadas na Torre de Hércules. O público poderá chegar andando utilizando os cruces peonís que se habiliten e nos que haberá persoal de organización.

Durante a carreira no circuíto haberá polo menos 20 ciclistas en competición circulando a máis de 65km/h. Para evitar incidentes non desexados, é imprescindible seguir as indicacións que estarán a disposición da cidadanía na páxina web municipal, as do persoal de organización da carreira e as dos corpos de seguridade que velarán por o bó funcionamiento da proba ciclista.

 

PRINCIPAIS AFECTACIÓNS

Aínda que se verán afectadas directamente as zonas de Durmideiras, Monte Alto, Riazor e Paseo Marítimo, a zona máis afectada será a dos Rosales.

O horario do dispositivo de seguridade é o seguinte:

·       11.00h: circuíto pechado, permitirase a saída do mesmo.

·       12.00h: circuíto pechado, con adestramento e tráfico interno da organización.

·       13.00h: circuíto pechado totalmente ao tráfico (saídas e entradas).

·      14.40h: saída do primeiro corredor desde a Torre de Hércules (126 corredores que saen cada 1 minuto e os 10 últimos cada 2 minutos).

·      17.10h: hora prevista de chegada do último corredor.

·       17:30-18.30h aprox: desmontaxe do circuíto desde r/Curros Enríquez ata Os Rosales.

Tamén haberá restricións de aparcamento en ditas zonas e veránse afectados os autobuses urbanos e os do transporte escolar: cambios de percorridos polo corte do Paseo Marítimo, entre a Torre e os Rosales e no interior do barrio dos Rosales.

No parking subterráneo do Paseo Marítimo: haberá varios accesos cortados: Quedarán habilitadas 2 entradas: pza. de Portugal e Rúa Alta; e 2 saídas: r/ Rubine (As Catalinas) e r/ Sol.

 

ALTERNATIVAS DO TRANSPORTE E MOBILIDADE:

Na zona de Monte Alto e Riazor, ante o corte total do paseo marítimo, recomendarase empregar como itinerarios de entrada e saída o túnel Marina-Parrote e a rúa San Andrés. Na zona do estadio de Riazor permanecerá pechada a rúa Manuel Murguía, establecéndose como alternativas a avenida da Habana e Gregorio Hernández para o acceso á Terceira Rolda.

O barrio dos Rosales, por onde atravesará a proba, establecerase un peche da rúa Manuel Azaña, no tramo comprendido entre a rolda de Outeiro e Emilio González López; habilitándose acceso aos Rosales desde a estrada dos Fortes cara á rúa Simón Bolivar, e establecéndose unhas zonas de paso que en función do discorrer da proba e o paso dos corredores permitan acceder aos viais interiores. Do mesmo xeito aplicaranse medidassimilares para permitir o acceso e saída na zona de Labañou e vivendas do grupo María Pita.

Na zona do Portiño, será necesario restrinxir a circulación de vehículos mentres dure a proba, a cal se restablecerá en canto o paso dos corredores e participantes así o permita.

 

 

 

 

Enquisa oferta educativa curso 2024-25 - Sede central

enquisa sede central

Enquisa de sondaxe sobre as preferencias de cursos dirixida a potencial alumnado do centro, coa finalidade de axustar a oferta educativa 2024/2025 ás necesidades que se recollan.

Esta enquisa é anónima e permanecerá aberta até o 3 de marzo de 2024.

Grazas pola túa participación! 


 

Distribuir contido