Curso 2023/24

Matrícula alumnado libre

Requisitos:

Antes de matricularse, teña en conta o seguinte:

  • o alumnado poderá matricularse nos niveis: básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1;
  • restricións de idade: é preciso ter cumpridos os 16 anos antes do 31 de decembro do ano en curso (para a 1ª lingua estranxeira cursada na ESO), ou 14 anos para calquera idioma diferente ao que estea a cursar como 1.ª lingua estranxeira na ESO;
  • non é posible obter o certificado dun nivel equivalente a outro xa cursado no anterior plan de estudos de EOI;
  • non é necesario superar o exame de certificación dun nivel inferior para poder presentarse a un de nivel superior;
  • non hai límite de convocatorias en modalidade libre (é posible matricularse cantas veces se queira);
  • non se certifican horas de formación en modalidade libre;
  • o alumnado na modalidade libre debe comprobar se se pode presentar ás probas nas datas establecidas antes de matricularse. Non se devolven as taxas.
  • O alumnado que xa realizou estudos noutra EOI ten que indicalo e solicitar o traslado de expediente.
  • Non se pode estar matriculado por libre e oficial no mesmo curso .

 


Exames que terán lugar na EOI A Coruña

Nivel A2 Nivel B1 Nivel B2 Nivel C1
  • Alemán
  • Árabe
  • Chinés
  • Español Lingua Estranxeira
  • Francés
  • Galego
  • Inglés
  • Italiano
  • Portugués
  • Ruso
  • Xaponés
  • Alemán
  • Árabe
  • Español Lingua Estranxeira
  • Francés
  • Galego
  • Inglés
  • Italiano
  • Portugués
  • Ruso
  • Alemán
  • Español Lingua Estranxeira
  • Francés
  • Galego
  • Inglés
  • Italiano
  • Portugués
  • Alemán
  • Español Lingua Estranxeira
  • Francés
  • Galego
  • Inglés
  • Italiano
  • Portugués

Procedemento

  • Pasos a seguir para todos os niveis agás B2 e C1 de inglés e galego
  1. Ir a seguinte ligazón: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre
  2. Seleccionar a EOI onde se queira realizar a proba.
  3. Presentar a documentación requerida na aplicación onde se inscribiu (https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre )
  • Pasos a seguir para os niveis B2 e C1 de galego e inglés
  1. Ir a seguinte ligazón: https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre
  2. Debe seleccionar por orde de preferencia os centro en que se van administrar as probas. 
  3. A aplicación asignaralle un número a cada solicitude. Para a asignación de prazas haberá un sorteo o día 22 de outubro ás 12:00.
  4. O día 24 de outubro o alumnado poderá consultar na aplicación onde se inscribiu a escola onde foi admitido.
  5. Presentar a documentación requerida na aplicación onde se inscribiu (https://www.eoidigital.com/eoixuntalibre ) do e 24 ao 31 de outubro ás 14:00h.

NOTA: O pagamento da matrícula libre NON pode ser fraccionado.


Documentación que hai que entregar

  • Documento que xera a aplicación
  • Resgardo de pago. Consultar taxas e como pagar.
  • Copia de DNI, NIE ou pasaporte
  • Alumnado menor de idade: Anexo I
  • Alumnado con diversidade funcional que necesita adaptación do exame: Anexo II

Taxas para as probas libres: Taxas para as pobas libres. Consultar aquí


Datas de matrícula

Preinscrición: do 2 ao 20 de outubro.

Matrícula:

  • Para B2 e C1 de galego e inglés: do 24 ao 31 de outubro as 14:00h
  • Para os demais cursos do 2 ao 20 de outubro ás 12:00h. Pódese entregar documentación ata o 31 de outubro ás 14:00h

Datas das probas escritas. Premer aquí

NOTA: As probas orais poderán ser antes ou despois da proba escrita e publicarase cunha antelación dunha semana.


Guías para as persoas candidatas: Premer aquí

Modelos de probas: Premer aquí


Distribuir contido