Usuarios rexistrados: Acceso

Cursos de linguaxe administrativa 2017-18

Cursos de linguaxe administrativa curso 2017-18. (DOG 17 agosto 2017)

Cursos que se ofertan na EOI da Coruña

CURSOS MODALIDADE PRAZAS DATA DE COMEZO
LINGUAXE ADMINISTRATIVA MEDIO en liña 25 outubro - xaneiro
LINGUAXE ADMINISTRATIVA SUPERIOR en liña 25 outubro - xaneiro
LINGUAXE ADMINISTRATIVA MEDIO en liña 25 febreiro - maio
LINGUAXE ADMINISTRATIVA SUPERIOR en liña 25 febreiro- maio

IMPORTANTE: As solicitudes FANSE en liña

Prazo de solicitude:

  • Primeiro cuadrimestre (de outubro a xaneiro):Dende o 1 ao 10 de setembro na aplicación web nesta ligazón. Premer aquí (non estará activa ata o 1 de setembro)
  • Segundo cuadrimestre (de febreiro a maio): Dende o 2 ao 11 de xaneiro na aplicación web nesta ligazón. Premer aquí (non estará activa ata o 2 de xaneiro)

Asignación de prazas. No momento de cubrir o formulario asignarase un número a cada solicitude que será o utilizado no sorteo no que se asignarán prazas. Os solicitantes consultarán se se lles adxudicou praza entrando na aplicación na que fixeron a solicitude.

Datas de asignación de prazas:

  • Primeiro cuadrimestre: 15 de setembro.
  • Segundo cuadrimestre: 16 de xanerio.

Presentación da documentación.

Unha vez asignada a praza o alumnado seleccionado deberá presentar na secretaría da EOI a seguinte documentación nestes prazos:

  • Primeiro cuadrimestre: ata o 20 de setembro.
  • Segundo cuadrimestre: ata o 19 de xaneiro.

Documentación para os admitidos no curso de Linguaxe administrativa MEDIO.

  • Copia do DNI.
  • Xustificación de ser persoal da administración pública galega (excepto persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario).
  • Posuír un dos seguintes títulos:
    • CELGA 4.
    • Cursos de Iniciación e Perfeccionamento de lingua galega.
    • Curso básico de linguaxe administrativa galega.
    • Curso básico para o persoal da Administración de xustiza ou curso básico de linguaxe administrativa sanitaria.

Documentación para os admitidos no curso de Linguaxe administrativa SUPERIOR.

  • Copia do DNI.
  • Xustificación de ser persoal da administración pública galega (excepto persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario).
  • Posuír un dos seguintes títulos:
    • Curso de linguaxe administrativa medio.
    • Curso medio de linguaxe xurídica galega ou calquera dos equivalentes no publicado no punto 2 do artigo 5 da orde do 13 de xuño de 2011.