Skip to Content

Secretaría

CHARLA PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADSO DE NOVO INGRESO

 

CHARLA NA EEI SAN ROQUE

 

Dentro da nosa Escola de nais e pais convidamos as familias con alumnado de novo ingreso (nacidos no ano 2019) a unha charla que correrá a cargo de Alba Guijarro Infante.

 

Título:“Inicio dunha nova etapa: resposta ás preguntas máis frecuentes (control de esfínteres, rutinas, ...)”

 

Lugar:colexio San Roque

 

Día: xoves, 17 de marzo

 

Hora: 17:00

 

Prazas limitadas.  Reserva cita, chamando ao teléfono 982 870 957 en horario de 9:00 a 14:00

 

RESERVA DE PLAZA PARA O NOSO CENTRO ADSCRITO. CURSO 2022/2023

      Aberto o prazo de SOLICITUDE DE RESERVA DE  PRAZA para

 as/os alumnas/os de 6º de Infantil que vaian o vindeiro curso

 para o CEP LOIS TOBÍO, centro ao que estamos adscritos.

     

      Podese facer de varios xeitos:

- Cubrir o formulario, que se pode descargar nos arquivos adxuntos,   e traelo ao centro.

- Acceder á aplicación Admisión alumnado, a través do menú:   Solicitudes - Reserva - Crear.

    Si se escolle esta opción podese:

         . Imprimir o formulario e traelo ao centro.

. Presentalo na Sede electrónica a través da aplicación , se   dispoñen de Certificado dixital ou Chave 365.

 

 

DATA LÍMITE: 8 DE FEBREIRO DE 2022.

 

 

     Para entregar os impresos no centro,

 terase que solicitar cita  chamando

 ao teléfono 982 870 957, de 10:00 a 11:00.

 

       O alumnado que non vaia, o vindeiro curso ao Lois Tobío, terá que presentar a Solicitude de admisión (que poderán solicitar no centro no  que queiran obter praza ou acceder a ela através de Admisión alumnado) do 1 ao 20 de marzo.

 

En calquera dos dous casos haberá que formalizar a matrícula no mes de xuño.

 

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 

Renovación parcial do Consello Escolar 2021

 

Estimados pais/nais:

Como se lles comunicou a través da aplicación abalar, durante o mes de novembro vanse celebrar no colexio as eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar , correspondendo ao sector dos pais/nais a renovación de dous dos seus membros.

 

Son electores, como representantes deste sector, todos/as os/as pais/nais ou titores legais dos alumnos/as matriculados/as no Centro.

 

Son elixibles, como representantes deste sector, todos/as os/as electores/as que se presenten como candidatos/as. Para presentar a candidatura deberán cubrir un impreso de solicitude que estará a súa disposición na secretaría do centro, entre o día  08 ás  9:00 horas  e  o día 15 ás 12:00 horas , ambos do mes en curso.

 

Para votar deberá comprobar que o seu nome está incluído no Censo Electoral (exposto no taboleiro do centro dende o día 04 de novembro), de non estar, deberá cursar unha reclamación perante a Xunta Electoral constituída no Colexio.

 

O día da votación deberán traer o DNI ou outro documento identificador.Respectando en todo momento as medidas establecidas por mor da Covid-19.

 

Para votar facilitaráselle unha papeleta cos nomes de todas as persoas candidatas, na que vostede marcará cun X un nome, como máximo.

 

O calendario electoral elaborado pola Xunta Electoral é o seguinte:

 

1- Publicación do Censo

04 de novembro

2- Presentación de Candidaturas

do 08 ao 15 de novembro

3- Proclamación de Candidaturas

15 de novembro

4- Reclamacións

16 ao 18 de novembro

5- Sorteo da Mesa Electoral

19 de novembro

6- Votacións

Xoves, 25 de novembro, de 09:00 a 11:00 horas

7- Reclamacións

15 días

 

 

A Presidenta da Xunta Electoral,

Carmen Ferreiro Maseda

 

 

 

 

ELECCIÓNS O CONSELLO ESCOLAR

Según a Resolución 16 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostídos con fondos públicos.(DOG 4 de outubro de 2016)

No noso centro procederase a renovación de un pai/nai, un representante da ANPA, un representante de administración e servizos e dous profesores.

Distribuir contido


by Dr. Radut