Skip to Content

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 

Renovación parcial do Consello Escolar 2021

 

Estimados pais/nais:

Como se lles comunicou a través da aplicación abalar, durante o mes de novembro vanse celebrar no colexio as eleccións para a renovación parcial dos membros do Consello Escolar , correspondendo ao sector dos pais/nais a renovación de dous dos seus membros.

 

Son electores, como representantes deste sector, todos/as os/as pais/nais ou titores legais dos alumnos/as matriculados/as no Centro.

 

Son elixibles, como representantes deste sector, todos/as os/as electores/as que se presenten como candidatos/as. Para presentar a candidatura deberán cubrir un impreso de solicitude que estará a súa disposición na secretaría do centro, entre o día  08 ás  9:00 horas  e  o día 15 ás 12:00 horas , ambos do mes en curso.

 

Para votar deberá comprobar que o seu nome está incluído no Censo Electoral (exposto no taboleiro do centro dende o día 04 de novembro), de non estar, deberá cursar unha reclamación perante a Xunta Electoral constituída no Colexio.

 

O día da votación deberán traer o DNI ou outro documento identificador.Respectando en todo momento as medidas establecidas por mor da Covid-19.

 

Para votar facilitaráselle unha papeleta cos nomes de todas as persoas candidatas, na que vostede marcará cun X un nome, como máximo.

 

O calendario electoral elaborado pola Xunta Electoral é o seguinte:

 

1- Publicación do Censo

04 de novembro

2- Presentación de Candidaturas

do 08 ao 15 de novembro

3- Proclamación de Candidaturas

15 de novembro

4- Reclamacións

16 ao 18 de novembro

5- Sorteo da Mesa Electoral

19 de novembro

6- Votacións

Xoves, 25 de novembro, de 09:00 a 11:00 horas

7- Reclamacións

15 días

 

 

A Presidenta da Xunta Electoral,

Carmen Ferreiro Maseda

 

 

 

 



story | by Dr. Radut