Skip to Content

Actividades Extraescolares e Complementarias

MAGOSTO 2022

En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega...

CASTAÑAS POLO MAGOSTO, PEÓNS AO CAMIÑO POLO SAN MARTIÑO

MONSTROS POLO SAMAÍN

 En poucos días celebraremos unha das festas máis esperadas polos nenos/as, o Samaín, festa de orixe celta que nesta ocasión se centrará nos monstros. As actividades propostas para este mes do medo son:

- Ambientación do cole cos monstros que realizaredes en familia utilizando diferentes recipientes(botes, botellas, bricks...) coa idea de reutilizar.  Así como os que realizaremos nos diferentes grupo-aula con outros materiais de refugallo(caixas, bolsas...).

- Visionado de películas e curtas de monstros.

- Lectura dos contos de monstros da Biblioteca de Librín.

- Cancións do medo:

                                  

     

- Xogos interactivos:

SAMAÍN(SOPA DE LETRAS)

SAMAÍN 2022(XOGO DE PARELLAS)

PARELLAS CONXURO

EMPARELLAR CONXURO SAMAÍN

 

- Poción para quitar o medo: podédela imprimi ou decargar clicando no arquivo adxunto.

- O 28 de outubro poderemos vir vestidos con atuendos propios desta festa para dar moito medo.  Visitaremos a aula monstruosa e faremos diferentes obradoiros divertidos pero de medo.

 Mirade, mirade que ben o pasamos...


Samaín 2021

Como celebramos esta festa terrorífica? O noso alumnado elaborou arañas con material de refugallo coa axuda das súas familias, co obxectivo de decorar a escola con este becho que da tanto medo! Asemade, na entrada situamos unha exposición de libros de temática de terror, monstros, vampiros, etc. Ha, ha, ha, ha, ha!!!!

A VIAXE DE DRACO CHEGA AO SEU FIN

 A viaxe de Draco xa chega ao seu fin, pero non se quere marchar sen despedirse dos nenos e as nenas da EEI San Roque que o acompañaron durante varios cursos. Aquí tedes a súa carta de despedida e un recordo das súas amizades do Aloia:
 
 
 

CHEGA O VERÁN

 Para rematar o curso esta rockeira canción da profe Chus, unha canción optimista que aposta pola liberdade e valora o esforzo realizado neste tempo da pandemia.

 Esperamos que a gocedes e que aproveitedes cada minuto que nos queda no cole para recuperar todo o tempo que non puidemos estar xuntos.

BO VERÁN PARA TODAS E TODOS.

VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS(Fundación Meniños). Curso 2020-2021

 Un curso máis seguimos participando neste gran proxecto da Fundación Meniños. Draco quere achegarvos material sobre o conto Viaxe ao reino das emocións e as personaxes do mesmo para imprimir, descargade os documentos adxuntos.

 Para que os nenos/as se impliquen no proxecto, as familias poderedes usar:

a) O xogo O reino das emocións que está dispoñible na páxina web de Milu: http://xogo.mundodemilu.org/

b) Bibliografía sobre as emocións: https://enlanube.eu/resttaboleiro/descarga?id_sesion=i7G6KqIj1&id_archivo=X6hBTeIZt

c) Filmografía sobre as emocións: http://mundodemilu.org/page/body/filmografia-_viaxe-ao-reino-das-emocions_-2020.pdf

 
e) O xogo Crea a túa historia con Quirón: http://xogoquiron.mundodemilu.org/
f) O xogo Retos para os viaxeiros do Aloiahttp://mundodemilu.org/gl/36
 
 

EU TAMÉN LEVO MÁSCARA

VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS. Despedida do curso 2019-2020

XOGOS EN FAMILIA PARA DIVERTIRSE E APRENDER

 O grupo LEGO propón numerosas ideas de xogo en familia para divertirse e aprender na casa. A web www.LEGO.com/letsbuildtogether pretende axudar ás familias a crear momentos positivos arredor da experiencia do xogo cos seus fillos/as, unha forma de ofrecer apoio e inspiración aos pais mentres se enfrontan ao desafío de manter aos nenos/as interesados e educados na casa.

 

VIAXE AO REINO DAS EMOCIÓNS(Fundación Meniños)

 O voso amigo Draco vos envía unha mensaxe...

https://fundacionmeninos.wordpress.com/2020/03/26/draco-tamen-queda-na-casa/ 

 Tamén quere achegarvos material sobre o conto Viaxe ao reino das emocións e as personaxes do mesmo para imprimir, se vos apetece.

 Como todos/as coñecedes a Draco, a personaxe principal do conto, podedes realizar un retrato ou debuxo do mesmo e envialo ao correo familiassanroque@gmail.com

 Como idea para que os nenos/as non perdan contacto co proxecto, as familias poden usar:

a) O xogo O reino das emocións que está dispoñible na páxina web de Milu: http://xogo.mundodemilu.org/

b) Bibliografía sobre as emocións: http://mundodemilu.org/es/21

c) Filmografía sobre as emocións:  http://mundodemilu.org/es/28

 
e) Nova habilidade: adxuntamos unha ficha para que os nenos/as fagan un debuxo sobre algunha nova habilidade adquirida neste periodo de confinamento. Co obxecto de reflexionar sobre estas aprendizaxes e fomentar a construción dunha autoestima ben asentada.
 
f) Unha infografía sobre as aprendizaxes como familia neste periodo http://mundodemilu.org/es/27

 Moito ánimo nestes días.

Distribuir contido


by Dr. Radut