Skip to Content

MONSTROS POLO SAMAÍN

 En poucos días celebraremos unha das festas máis esperadas polos nenos/as, o Samaín, festa de orixe celta que nesta ocasión se centrará nos monstros. As actividades propostas para este mes do medo son:

- Ambientación do cole cos monstros que realizaredes en familia utilizando diferentes recipientes(botes, botellas, bricks...) coa idea de reutilizar.  Así como os que realizaremos nos diferentes grupo-aula con outros materiais de refugallo(caixas, bolsas...).

- Visionado de películas e curtas de monstros.

- Lectura dos contos de monstros da Biblioteca de Librín.

- Cancións do medo:

                                  

     

- Xogos interactivos:

SAMAÍN(SOPA DE LETRAS)

SAMAÍN 2022(XOGO DE PARELLAS)

PARELLAS CONXURO

EMPARELLAR CONXURO SAMAÍN

 

- Poción para quitar o medo: podédela imprimi ou decargar clicando no arquivo adxunto.

- O 28 de outubro poderemos vir vestidos con atuendos propios desta festa para dar moito medo.  Visitaremos a aula monstruosa e faremos diferentes obradoiros divertidos pero de medo.

 Mirade, mirade que ben o pasamos...


AdxuntoTamaño
POCIÓN PARA QUITAR O MEDO.pdf256.71 KB


page | by Dr. Radut