En colaboración co EDLG celebremos o Entroido e o tradicional Enterro da sardiña. No seguinten enlace poderás descubrir como gozamos destas dúas celebracións:
E comezamos celebrando o Día da Paz escollendo uns símbolos en cada grupo-aula que simbolicen a Paz. Decoramos unha parte do símbolo no cole e a outra teremos que completala na casa en familia. Cos símbolos e coas bandeiras brancas elaboradas por nós decoraremos o noso cole, pedindo a Paz no mundo e o remate das guerras...
Escoitade esta bonita canción Cantarela dos nenos, coa letra de Xosé Neira Vilas...
Tamén vos deixamos xogos interactivos para os diferentes niveis:
Parece que xa chega o Nadal, cantaremos, bailaremos, faremos postais e adornos con diferentes materiais, escoitaremos contos de Nadal, comeremos doces típicos destas festas e vestirémonos de xeito especial para celebralo.
O 31 de novembro celebraremos o Samaín, festa de orixe celta que nesta ocasión se centrará nas pantasmas. As actividades propostas para este mes do medo son: ambientación do cole con pantasmas que se realizarán en cada grupo-aula, utilizando diferentes materiais e con cabazas, que cada neno/a decorará coa axuda da súa familia; lectura de contos de pantasmas e outros relacionados con esta celebración; cancións do medo...
O martes 31 de outubropoderemos vir vestidos con atuendos propios desta festa para dar moito medo e preparar coas vosas familias algunha merenda especial do Samaín. Descubriremos porque o noso cole está enfeitizado e faremos diferentes obradoiros divertidos.
Revivimos con esta saída unhas das tradicións da nosa vila, o Domingo das tortillas. Quixemos reunirnos nun espazo natural arredor dunha tortilla e aproveitar esta ocasión para coñecer as Nogueiras, zona verde próxima ao cole na que gozamos comendo as tortillas que prepararon as familias para cada un dos nenos/as e xogando ao aire libre.
Dentro dunha semana conmemoraremos o día da Paz. Nesta ocasión cada neno/a levou unha POMBA que preparamos no cole para que coa a axuda da súa familia peguen na mesma unha mensaxe de PAZ. Tódalas pombas colgaranse nun tendal na entrada do cole e as familias, o 30 de xaneiro, poderán escoller unha delas para levar a casa con fin de intercambiasr as pombas e as mensaxes.
Deseguido amosamos diferentes enlaces nos que atoparedes recursos interesantes sobre a POMBA DA PAZ e sobre esta conmemoración:
Estamos desexando como cada ano, que chegue o Nadal, nestas datas tan especiais cantaremos, bailaremos, faremos postais para felicitar as festas, adornos con diferentes materiais, cartas para o Apalpador, comeremos doces típicos destas festas e vestirémonos de xeito especial para celebralo.