EEI O GRUPO

                                                

 

 

   

       

 

                                

    

 

Blogues

Declaración responsable

 

As familias deberedes asinar a declaración responsable pola que vos dades por enterados do compromiso que asumides para cumprir as normas do protocolo COVID do centro, entre as cales é preciso tomar a temperatura diariamente aos vosos fillos e fillas e non mandalos ao centro se teñen algún dos síntomas do Anexo I que figura no protocolo e no resumo que xa está publicado.

DESCARGA AQUÍ O DOCUMENTO

 

PLAN DE ACOLLIDA NA EEI O GRUPO

PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE ACCEDEREDES AO PLAN DE ACOLLIDA DO CENTRO FRONTE AO COVID.

Novo prazo de solicitudes de admisión para alumnado novo

1. Reanúdase o período para solicitar un posto escolar para o vindeiro curso 2020/2021.

Os solicitantes deberán facer a solicitude de admisión no centro escolar, entre o luns 11 de maio e o 18 de maio, ambos incluídos, en horario de 09:00 a 14:00 horas. 

2. Novos prazos do procedemento.

 

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

 

b) Novos prazos do proceso:

 

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

 

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

 

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

 

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

 

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

3. Adxudicación subsidiaria de postos escolares.

 

COÑECE O NOSO CENTRO. XORNADA PORTAS ABERTAS 20 FEBREIRO

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-21 (1-23 de Marzo)

PREME NA IMAXE

 

LISTAXE DE MATERIAL PARA O CURSO 2018-2019

LISTA MATERIAL 3 ANOS  AQUÍ

LISTA MATERIAL 4 ANOS  AQUÍ

LISTA MATERIAL 5 ANOS  AQUÍ

LISTAS DE ADMITIDOS CURSO 2018/2019

 

 Preme na imaxe para descargar lista de admitidos

SOLICITUDE ADMISIÓN NOVO ALUMNADO (1-20 DE MARZO)

SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2020-21 (1-23 de Marzo)

 

 A Dirección do EEI O GRUPO informa ás familias

 

 

Prazo de presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 23 de marzo neste centro. Por ser declarado no lectivo en Marín o 20 de marzo de 2020, as instrucións son as que seguen:

 

Na Sede Electrónica da Xunta de Galicia non se exceptúan as festas laborais de carácter local. Por isto, para aqueles centros nos que o vindeiro 20 de marzo é non lectivo consonte a normativa anterior, cómpre ter en conta que a partir dese día 20 de marzo a Sede Electrónica non admitirá a presentación de solicitudes para este procedemento. Non obstante, a aplicación admisionalumnado admitirá o rexistro ata o día 23 das solicitudes que se dirixan a aqueles centros nos que o día 20 foi declarado como non lectivo. Estas solicitudes terán que presentarse de forma presencial no propio centro que se solicita en primeiro lugar ou en calquera dos rexistros que establece a Lei do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

O formulario normalizado (ED550B) será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

 

PERÍODO ADAPTACIÓN NO MES DE SETEMBRO PARA OS NOVOS ALUMNOS DA E.E.I. O GRUPO

 

Distribuir contido