Historia

 

Adquirida en 1895 (século XIX) a finca que hoxe en día ocupa a Escola de Educación Infantil O Grupo, deberon pasar varios anos ata que se construiu e inaugurou o centro, calculando que isto debeu acontecer ao redor do 1910 aproximadamente.

Durante a Segunda República (1931), parece ser que foi utilizado como cuartel da Guardia Civil, moi posiblemente en uso compartido co docente.

Existen indicios de que os seus sotos foron utilizados como lugar onde manter os cabalos de aquela forza da orde pública, de este xeito existían ancoradas na parede e a media altura, unha serie de argolas que moi posiblemente servían de punto de amarre dos cabalos.

Trasladado o Cuartel da Guardia Civil para a rúa hoxe en día co nome Méndez Núñez cara ao número 32, lindante naquel intre co “Auxilio Social” e finca matriz propiedade da Congregación de San Vicente Paúl, o “Grupo Escolar” (agora EEI O Grupo) é destinado desta vez e en exclusiva para a docencia.

A principios do século XX e de xeito provisorio, habilitáse a planta baixa do Colexio como Academia Municipal de Música. Posteriormente, quela Academia pasa a outro emprazamento e ese espacio pasa a ser utilizado como almacén da Brigada de Obras Municipal.

 

Empezando os anos 50, instálase no Colexio o Instituto Laboral ou de Artes e Oficios ata que ista disciplina educativa é trasladada aos pavillóns de vivendas inutilizadas da barriada “Virxe do Porto” (A Cañota), previa autorización do I.S.M. (Instituto Social da Marina) e a propia Cofradía de Pescadores de Marín.