Novo prazo de solicitudes de admisión para alumnado novo

1. Reanúdase o período para solicitar un posto escolar para o vindeiro curso 2020/2021.

Os solicitantes deberán facer a solicitude de admisión no centro escolar, entre o luns 11 de maio e o 18 de maio, ambos incluídos, en horario de 09:00 a 14:00 horas. 

2. Novos prazos do procedemento.

 

a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.

 

b) Novos prazos do proceso:

 

● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

 

● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

 

● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.

 

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.

 

● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

3. Adxudicación subsidiaria de postos escolares.

 

Con carácter excepcional, non se constituirán as comisións de escolarización. Todas as funcións para a adxudicación subsidiaria de postos escolares que se atribúen ao dito órgano do proceso de admisión serán asumidas e desenvolvidas polos servizos territoriais de Inspección educativa de cada unha das xefaturas territoriais da Consellería.