Información

 

Obxectivos Xerais do Centro.

Entendemos que toda a comunidade educativa ten que establecer uns obxectivos mínimos ao longo do curso. Polo tanto, expoñemos os que son de ámbito xeral, os referidos ao alumnado e os que competen aos pais/nais.

Descargar

 

Regulamento de Réxime Interno.

As normas de convivencia do Centro, regulando os dereitos e deberes dos alumnos e demáis membros da Comunidade Educativa, deben propiciar o clima de responsabilidade, traballo e esforzo que permita que todos eles obteñan os mellores resultados do proceso educativo. E, ao mesmo tempo, a adquisición de hábitos e actitudes recollidos na LOE e demais lexislación fundamental.

Descargar

 

Horario de Atención a Nais e Pais.

O bo funcionamento da Escola depende de todos nós. Para que as familias sexan coñecedoras dos progresos dos seus fillos/as, establécese por lei o horario de atención a nais e pais que será os martes de 16:00 a 17:00. Para unha atención máis individualizada, requírese previa cita.