Enviado por MIGUEL JIMENO o Ven, 04/09/2020 - 07:28
As familias deberedes asinar a declaración responsable pola que vos dades por enterados do compromiso que asumides para cumprir as normas do protocolo COVID do centro, entre as cales é preciso tomar a temperatura diariamente aos vosos fillos e fillas e non mandalos ao centro se teñen algún dos síntomas do Anexo I que figura no protocolo e no resumo que xa está publicado.
Enviado por tatianariveroandion o Ven, 04/09/2020 - 06:05
PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE ACCEDEREDES A UN RESUMO CORTO DO PROTOCOLO COVID DO NOSO CENTRO. NEL ATOPAREDES A INFORMACIÓN IMPRESCINDIBLE ANTES DE COMEZAR O CURSO.
TAN PRONTO HAXA NOVIDADES RESPECTO AO COMEDOR ESCOLAR PUBLICAREMOS O PROTOCOLO COMPLETO.
Enviado por MIGUEL JIMENO o Xov, 02/07/2020 - 06:59
Estimadas familias:
Poñemos a vosa disposición a folla de inscrición para o comedor para o vindeiro curso. Non esquezades cubrir todos os datos e asinala antes de remitila.