EEI O GRUPO

                                                

 

 

   

       

 

                                

    

 

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2022-2023

          O mércores 18 de maio publicouse no DOG a ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

                As axudas deberán solicitarse:       

                - No CEP O Sequelo para o alumnado que fixo reserva de praza para 1º de Primaria nese centro.

Enlace á información da súa web:     http://www.edu.xunta.gal/centros/cepsequelomarin/?q=node/2550

                  - No centro onde solicitaron praza escolar para 1º de Primaria e foron admitidos-as

                  - Na EEI O Grupo para o alumnado que solicitou admisión para 1º de Primaria nalgún centro no que non foi admitido-a e está pendente de que se adxudique praza de 12:30 a 14:00 horas.

Prazo  ata o día 22 de xuño de 2022, incluído, nos horarios establecidos por cada centro.

Enlace á web do CEIP Carballal para o alumnado que foi admitido nel para 1º de Primaira

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdocarballal/node/762

Enlace á web do CEIP A Laxe para o alumnado que foi admitido nel para 1º de Primaria

             http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdalaxe/node/669

Nas webs doutros centros poderán atopar a información de cada un.

AdxuntoTamaño
Orde do 29 de abril de 2022.pdf1.11 MB
Anexos I e II.pdf1.61 MB