Skip to Content

Dinamización Lingüística

Día de Rosalía

BOAS FAMILIAS!
O VENRES CONMEMORAMOS O DÍA DE ROSALÍA

CUN PEQUENO TALLER CON DIFERENTES PROPOSTAS EN DIFERENTES ESPAZOS DO CENTRO.

NO HALL DA PARTE DE ARRIBA DO COLE DESENVOLVIMOS UN TALLER DE COLLAGE COAS IMAXES DE ROSALÍA

NA BIBLIOTECA DE CONTOS LEVAMOS A CABO UN CONTACONTOS 

E NA BIBLIOTECA DE RECUNCHOS PINTAMOS A ROSALÍA CON FOSFORITOS E LUZ NEGRA E CREAMOS UN MINIMUNDO PARA QUE O NOSO ROBOT PUIDERA DESCUBRIR AS DIFERENTES CANCIÓNS DE ROSALÍA

(PARA ÁS CALES TIÑAMOS QUE LEER O CÓDIGO QR QUE CONTIÑAN)

NESTE ÁLBUM ATOPAREDES MOITAS MÁIS FOTOS DO DÍA:

Álbum: CURSO 2023-2024 -> DÍA DE ROSALÍA

25N

A SEMANA PASADA FOI UNHA SEMANA DE MOITO TRABALLO E DE REFLEXIÓN SOBRE O DÍA DA NO VIOLECIA DE XÉNERO.

OS NOSOS NENOS E NENAS FIXÉRONSE CONSCIENTES DA IMPORTANCIA DESTE DÍA E DE QUE SE QUEREMOS UN MUNDO LIBRE TODOS TEMOS QUE POÑER O NOSO GRAN DE AREA. 

PARA TODO ISTO ADENTRAMOS OS PEQUENOS NOS MICRO E MACRO MACHISMOS RECREÁNDOOS.

"CADA UN DE NÓS DEBE SER LIBRE NAS SÚAS DECISIÓN E RESPETAR AS DECISIÓNS DOS DEMÁIS"

NO ÁLBUM QUE TENDES A CONTINUACIÓN PODEDES VER MÁIS IMAXES DA CELEBRACIÓN DO 25N

Álbum: CURSO 2023-2024 -> 25N

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

ESTE 13 DE NOVEMBRO CELEBRAMOS NO COLE O MAGOSTO!

 

TRAS DARLLE VARIAS VOLTAS OS MESTRES DECIDIMOS REALIZAR UN PEQUENO TALLER DE CREACIÓN DE MADALAS UTILIZANDO TÉCNICAS LAND ART.

 

PARA ESTE TALLER PRECISAMOS DA COLABORACIÓN DAS NOSAS FAMILIAS, NENOS E NENAS QUE DENDE ÁS SÚAS CASAS TROUXERON UN MONTÓN DE MATERIAS DO OUTONO (PIÑAS, FOLLAS, PAUS, OURIZOS, FROITOS... ENTRE OUTROS).

COMO VEDES A XORNADA NON PUIDO ESTAR MÁIS INTERESANTE.

A PARTE DO NOSO TALLER DE CREACIÓN LEVAMOS A CABO UNHA CLASIFICACIÓN DE MATERIAIS DO OUTONO, UNS XOGOS E...

MERENDAMOS TODOS XUNTOS GRAZAS AO CASTAÑEIRO QUE COMO TODOS OS ANOS TRUXO O SEU TREN CHEO DE CASTAÑAS ASADAS PARA TODOS.

NO ÁLBUM QUE DEIXAMOS A CONTINUACIÓN PODEDES VER MÁIS IMAXES DA CELEBRACÍÓN:

Álbum: CURSO 2023-2024 -> MAGOSTO

Semana Cultural

Esta semana cultural estivo chea de actividades e de festexos que aos nosos nenos e nenas lle encantaron.

Realizamos a visita ós cabezudos da Pobra do caramiñal grazas a proposta dunha mamá.


E para rematar con esta semana cultural festexamos en Neixón coas familias e monitores e a ANPA do cole trúxonos a Monifates para facer, aínda se cabe, o día máis divertido.



AS LETRAS GALEGAS

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS

AS NOSAS MULLERES IMPORTANTES

Dende o noso cole traballamos múltiples actividades relacionadas co día da MULLER.

A nosa mestra LARA, especialista de Audición e Linguaxe, desenvolveu cos nosos pequenos e pequenas unha actividade preciosa relacionada cas mulleres importantes da nosa vida.

Para ver o resultado só tedes que ler este código QR e veredes a sorpresa coa que vos ides atopar.

Esperamos que vos guste moito.

ROBÓTICA

Como moitos xa sabedes trala creación do novo espazo MAKER na nosa biblioteca, levamos a cabo neste moitas actividades relacionadas coa robótica, as luces, as sombras, os nosos proxectos de aula, ... entre oitras moitas.

Neste álbum poderedes observar o proceso ou o resultado destas actividades.

Esperamos que vos gusten moito.

Álbum: Curso 2022/2023 -> ROBÓTICA

SEMANA DA PRENSA

Dende o Fernández Varela estivemos traballando coa prensa e coas noticias que foron saíndo todos estos días, aproveitando así tamén as noticias do día da muller.

A raíz disto decidimos crear o noso periódico

"A voz do Varela", onde cada clase fixo unha pequena recopilación de momentos, actividades ou experiencias salientables para os nenos e nenas.

A continuación mostrámosvos unhas imaxes do resultado.

 





 

E vos preguntaredes, como o fixemos?
Pois usamos diferentes técnicas. Unhas clases usamos a plantilla para crealo a man, outros compusimos palabras con letras móviles e outros usamos a escritura en dispositivos electrónicos para desenvolver a actividade.
 



 

SAÍDA A NEIXÓN

ROMARÍA EN NEIXÓN

 

NESTE ÁLBUM PODEDES VER O BEN QUE O PASAMOS O VENRES EN NEIXÓN.

GRAZAS A TOD@S

(PODEDES VER TODAS AS FOTOS PREMENDO NA IMAXE)

 

 

Álbum: CURSO 2021-2022 -> ROMARÍA EN NEIXÓN

LETRAS GALEGAS 2022

LETRAS GALEGAS 2022

Hoxe festexamos na escola unha pequena Romaría.

Contamos coa presenza do GRUPO MONIFATES,

con eles bailamos e gozamos coa nosa música tradicional.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut