Dinamización Lingüística

Semana Cultural

Esta semana cultural estivo chea de actividades e de festexos que aos nosos nenos e nenas lle encantaron.

Realizamos a visita ós cabezudos da Pobra do caramiñal grazas a proposta dunha mamá.


E para rematar con esta semana cultural festexamos en Neixón coas familias e monitores e a ANPA do cole trúxonos a Monifates para facer, aínda se cabe, o día máis divertido.



AS NOSAS MULLERES IMPORTANTES

Dende o noso cole traballamos múltiples actividades relacionadas co día da MULLER.

A nosa mestra LARA, especialista de Audición e Linguaxe, desenvolveu cos nosos pequenos e pequenas unha actividade preciosa relacionada cas mulleres importantes da nosa vida.

Para ver o resultado só tedes que ler este código QR e veredes a sorpresa coa que vos ides atopar.

Esperamos que vos guste moito.

ROBÓTICA

Como moitos xa sabedes trala creación do novo espazo MAKER na nosa biblioteca, levamos a cabo neste moitas actividades relacionadas coa robótica, as luces, as sombras, os nosos proxectos de aula, ... entre oitras moitas.

Neste álbum poderedes observar o proceso ou o resultado destas actividades.

Esperamos que vos gusten moito.

Álbum: Curso 2022/2023 -> ROBÓTICA

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer