Skip to Content

English

Music around the world

Seguimos traballando aspectos relacionados co noso proxecto. En psicomotricidade identificamos diferentes instrumentos xogando a “musical hoops” coa colaboración da nosa auxiliar de conversa. Ademais, entramos en contacto con aspectos relacionados coa robótica xogando a dar instrucións aos compañeiros para chegar ata un instrumento.

 

Álbum: ENGLISH -> Music around the world

THE WOLF AND THE SEVEN GOATS

6 DE FEBREIRO DO 2023

AQUÍ VOS DEIXAMOS UN ANAQUIÑO DA NOSA SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA.

FUMOS VER UNHA OBRA DE TEATRO EN INGLÉS "THE WOLF AND THE SEVEN GOATS" E PASÁMOLO EN GRANDE.

Proxecto

Este ano o proxecto é “Music around the world”. Para comezar, a través de diferentes pistas (instrumentos, un mapa...) adiviñamos de qué trataría o proxecto e pensamos en actividades que nos gustaría facer.

Musicograma “The Addams Family”

 

En relación ao proxecto do centro “Music around the world” traballamos musicogramas que decoramos con diferentes cores. O musicograma escollido foi “The Addams Family”.

Álbum: ENGLISH -> Music around the world

Nadal

“It’s beginning to look a lot like Christmas”

O Nadal está cada vez máis cerca, polo que estamos traballando para decorar as nosas aulas e crear algún elemento decorativo para a nosa propia árbore de Nadal.

Álbum: ENGLISH -> Nadal

Numbers and glass dictation

“From one to ten and back” foi o conto co que recordamos os números do 1 ao 10. Fixemos algún xogo como “glass ditaction”.

Álbum: ENGLISH -> Numbers and glass dictation

Halloween

Para festexar Halloween lemos diferentes historias e bailamos algunha que outra canción. Trala lectura do conto “Little cloud” decidimos que podiamos facer a nosa pantasma de algodón semellando unha nube. En pequeno grupos xogamos co vocabulario das cancións de Halloween para completar as nosas “Hunted houses”.

Por outro lado, a nosa auxiliar de conversa contounos un conto chamado “What’s in the witch’s kitchen?”. Aprendemos vocabulario e pásamolo moi ben!

Álbum: ENGLISH -> Halloween

The colour monster

A través do conto “The colour monster” traballamos as emocións e cores. Fixemos os nosos propios “monsters” e logo explicamos aos compañeiros as cores do mesmo e como se sentía.

Por outro lado, relacionamos este conto coa música e o noso proxecto de plurinfantil “Music around the world”. Decoramos “big monsters” con diferentes tipos de liñas. Cadaquén escolleu libremente que monstruo decorar según o que sentimento que lle transmitía a música escoitada no momento.

Álbum: ENGLISH -> The colour monster

Pete the cat: I love my white shoes.

En 4 e 5 de infantil traballamos con Pete the cat co seu conto “I love my white shoes”. Ademais de facer diferentes xogos, en pequenos grupos utilizamos diferentes cores para facer o zapateiro para Pete, logo presentámolo aos compañeiros.

Álbum: ENGLISH -> Pete the cat: I love my white shoes

STORIES IN ENGLISH!

E que opinades das miles de historias que os nosos pequerrechos desfrutan en Inglés???


Pois aquí tedes unha pequena mostra de que na nosa BIBLIOTECA tamén nos contan moitas historias en Inglés.

A nosa Auxiliar de conversa Andrea entretivo aos nosos cativos cunha historia que lles encantou, so hai que ver as súas caras.

 

FINNY,FIRST DAY OF SCHOOL!

HI!

ESTAMOS COMEZANDO UN NOVO CURSO ESCOLAR CON MOITAS GANAS E ILUSIÓN....

PARA DARLLE A BENVIDA A RAPAZADA ESTAMOS A TRABALLAR CON ESTA HISTORIA DE FINNY QUE COMEZA Á ESCOLA.QUEREDES VELA CON  NÓS?

ENJOY IT A LOT!

BE HAPPY....

Distribuir contido


by Dr. Radut