Skip to Content

Avisos

PROCESO DE ADMISIÓN

COMO REALIZAR O TRÁMITE DE ADMISIÓN E MATRICULA?

Este trámite pódese realizar de varias maneiras:

1. DE MANEIRA PRESENCIAL: 

AQUÍ atoparedes a solicitude de admisión que podedes imprimir ou cubrir no propio enlace antes de imprimir, e despois podedes entregar na EEI Fernández Varela dende o 1 ao 20 de marzo, de luns a venres en horario de 9:30 a 14:30 horas ou o luns de 16:30 a 18:45 horas.

Esta solicitude deberá ser presentada coa restante documentación:

- Libro de familia

- Fotocopia do DNI do neno/a

- Fotocopia do DNI das persoas proxenitoras

- Fotocopia cartilla seguridad social do neno/a

- Foto de carné no menor

- Sentenza de separación (no caso de precisala)

- Acreditación de necesidades especiais (se é o caso)

- ...

 

2. DE XEITO ELECTRÓNICO:

AQUÍ poderes realizar o trámite.

 

3. NO PROPIO CENTRO:

No caso de non ser capaces de realizar a admisión en ningunha das formas anteriormente descritas podedes vir polo EEI FERNÁNDEZ VARELA e alí vos proporcionaremos toda a información necesaria así coma os impresos de solicitude de admisión para cubrir.

Para isto podedes vir en horario de mañán de 9:30 a 14:30 horas ou en horario de tarde o luns de 16:30 a 18:45 horas.

 

PUBLICACIÓN DE DOCUMENTOS REFERIDOS Á ADMISIÓN DE MATRICULA:

- Listaxe de admitidos e excluídos provisionais: próxima publicación (antes do 25 de abril de 2024)

- Listaxe de admitidos e excluídos definitivos: proxima publicación (antes do 15 de maio de 2024)

- Formalización de matrícula: prazo do 20 ao 30 de xuño.

 

NORMATIVA QUE REGULA O PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA:

Decreto 13/2022, de 3 de febrero, por el que se regula la admisión de alumnado en centros que imparten las enseñanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obligatoria y de bachillerato.
ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA O NOVO ALUMNADO.

VEN A COÑECER A NOSA ESCOLA!

CONCERTA CITA POR TELÉFONO: 881866295

OU EMPREGANDO O NOSO CORREO ELECTRÓNICO: eei.fernandez.varela@edu.xunta.gal

 

REUNIÓN FAMILIAS

Estimadas Familias!

El próximo miércoles día 6 de septiembre tendremos las reuniones de principio de curso en las distintas tutorías. Allí trataremos todos los temas relacionados con el nuevo curso y se os proporcionará toda la información por escrito.

Estas reuniones tendrán lugar en el centro a las 10:00 de la mañana. La duración será de 1 hora y media aproximadamente.

Un saludo, os esperamos.

MATRICULAS E AXUDA DE LIBROS

Dende o CEP Plurilingüe Salustiano Rey Eiras nos comunican que xa teñen aberto o prazo para levar a cabo a matricula dos nenos e nenas para o vindeiro curso.

Este prazo remata o día 30 de xuño do 2023.

Por outro banda tamén está aberto o prazo para solicitar as axudas de libros e material escolar.

Prazo que finaliza o 21 de xuño do 2023.

Solicitude de axudas para compra de libros de texto e para a compra material de material escolar.
As axudas de material son de 60 ou 75 €, as dos libros de 1º e 2º de 160 e 240 €. 

 

Se recomenda que se fagan ambos trámites con anterioridade a estas útimas datas.

Documentación necesaria para levar a cabo a matricula:

 

ADMITIDOS CURSO 2023-2024

TODOS OS NENOS E NENAS QUE PRESENTARON A RESERVA DE PRAZA NO NOSO CENTRO HAN SIDO ADMITIDOS.

EN XUÑO SE ABRIRÁ O PRAZO DE MATRICULA, PARA O CAL SUBIREMOS A INFORMACIÓN CORRESPONDENTE POR AQUÍ.

CALQUERA DÚBIDA PODEDES POÑERVOS EN CONTACTO CON NÓS A TRAVÉS DO:

CORREO ELECTRÓNICO eei.fernandez.varela@edu.xunta.gal

OU NO TELÉFONO 881866295.

 

Xornada de portas Abertas

BOAS! RECORDADE QUE COMEZAMOS COA XORNADA DE PORTAS ABERTAS!! 

TODOS AQUELES QUE QUEIRADES SABER UN POUCO MÁIS DO NOSO CENTRO, NON DUBIDEDES EN CHAMAR ESTAREMOS MÁIS QUE DISPOSTOS A ENSINARVOS COMO TRABALLAMOS E TODOS OS RECUNCHOS QUE INVADEN O NOSO CENTRO.

 

PROTOCOLO COVID

RESERVA DE PRAZA PARA O CENTRO ADSCRITO: “CEP SALUSTIANO REY EIRAS”

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 16 de xaneiro de 2023 inícianse os trámites do procedemento, polo tanto informamos que:

 

O alumnado de 6º de Educación Infantil, que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición,no noso caso é CEP SALUSTIANO REY EIRAS, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar o formulario normalizado ED550A, a través das seguintes canles: na nosa Escola, ou a través da aplicación de xestión do proceso “admisionalumnado” que atoparedes AQUÍ.

 

O prazo de presentación comprende do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro do 2023. En caso de presentarse no Centro Educativo, será entragado á titora dos alumn@s. E importante que, a solicitude veña asinada polos dous proxenitores ou representantes legais.

 

En todo momento, as familias poderedes consultar o estado de tramitación das vosas solicitudes utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante, na aplicación informática “admisionalumnado”.

 

O alumnado que vaia a asistir a un Centro Educativo distinto ao adscrito, deberá presentar a solicitude de admisión no centro elexido, do 1 ao 20 de marzo.

 

Para máis información podedes poñervos en contacto coa escola a través do noso correo electrónico eei.fernandez.varela@edu.xunta.gal ou dos teléfonos do centro.

 

CONSELLO ESCOLAR

CONSELLO ESCOLAR

ELECCIÓNS NO CURSO 2021-2022

 

INFORMACIÓN RELATIVA AO PROCESO DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, iniciamos o proceso para a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores da comunidade educativa do centro.

CIRCULAR INFORMATIVA: ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

CALENDARIO PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

 

CONVOCATORIA PARA A ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR 

PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DE PAIS/NAIS DE ALUMNOS/AS

 

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS AO CONSELLO ESCOLAR

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

INICIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 21/22

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CENTRO ADSCRITO: CEP SALUSTIANO REY EIRAS              

De acordo co disposto na Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve a orde do proceso de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos, na Orde do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 e a Orde do 18 de decembro de 2020, pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013, informamos que;

O alumnado de 6º Educación Infantil, que pretenda continuar estudos nun Centro de adscrición, no noso caso é CEP SALUSTIANO REY EIRAS, para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar o formulario normalizado (ED550A) na nosa escola, a través de calquera rexistro válido ou a través da aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ ).

O prazo de presentación comprende do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro do 2021, ambos incluídos. As listaxes de admitidos publicaranse no noso centro antes do día 28 de febreiro.

O alumnado que vaia a asistir a un centro distinto ao noso centro adscrito, CEP Salustiano Rey  Eiras, deberá presentar a solicitude de admisión no centro elixido, do 1 ao 20 de marzo.

Para máis información poderedes poñervos en contacto coa Escola, a través do correo electrónico ou do teléfono.

Engadir que a solicitude, como norma xeral, deberá vir asinada polos dous proxenitores ou representantes legais, sobre todo no caso de proxenitores separados, divorciados...

Distribuir contido


by Dr. Radut