Skip to Content

Cálculo ABN

CÁLCULO ABN

CÁLCULO ABN

 

Esta semana imos a traballar solo coa tabla do 100. Non vos asustedes porque non hai que saber os números ata o 100. Cada un vai a ir facendo as actividades cos números que queira.

ACTIVIDADE 1:

A TÁBOA DO 100. Imos nesta ocasión a completar a táboa do cen cos números que xa temos feito para outras actividades. Lembrade facer os números con duas cores: vermello para o lugar das decenas e azul para o lugar das unidades: 23 por exemplo.

Esta é unha táboa do 100 pero nós na casa non temos porque tela así, podemos ir colocando os números un ó lado do outro seguindo esta guía ata o número que o noso fillo ou filla sexa capaz de colocar, non temos que chegar ó cen. Xa sabedes que eso depende de cada neno e nena, ainda que con un exemplo ó lado e con axuda seguro que todos son capaces de ir colocando todos os números ata o 100.

Cómo lles podemos axudar a formar esta táboa? Pois falándolles da familia e das pandillas. Si queredes que sexa ademáis doado de entender, podedes ver como facelo nestes titoriais:

https://www.youtube.com/watch?v=q0RUaEbOtVI

 

Como podes comprobar, esta actividade é un pouco complicada para os nenos e nenas máis pequeñas, polo que podemos facer solo unha parte como por exemplo ata o 20, ata o 30,…

ACTIVIDADE 2:

Con esta mesma táboa podemos seguir xogando e éstas son dúas formas de facelo.

 

https://www.youtube.com/watch?v=mjJTAsgTWzg

https://www.youtube.com/watch?v=q-HiO41PjwY

 

ACTIVIDADE 3:

Para os máis pequenos podemos empezar a traballar os 10 primeiros números e para ver como podemos facelo temos aquí un vídeo que nos pode servir de axuda.

https://www.youtube.com/watch?v=FKMNnSYWN00

Evidentemente nós seguramente non temos estes números tan chulos, pero podemos facelos un folio e coa axuda dos peques.

 Esperamos que estas actividades vos resulten atractivas e vos sirvan para pasar estes días o mellor posible, ademáis de aprender un pouco máis.  

CÁLCULO ABN

CÁLCULO ABN

 

Esta semana imos a traballar con uns exercicios distintos ainda que esperemos que interesantes.

 

ACTIVIDADE 1:

Nesta primeira actividade imos propoñervos xogar ó parchís ou á oca. Todos sabemos facelo, pero xa vos imaxinades que o imos complicar un pouquiño. Neste caso utilizaremos 2 dados (tamén o podemos complicar incluso máis e usar máis dados). Xogaríamos igual que con un dado, pero ó tirar 2 teremos que sumar os puntos que obtemos dos dous dados en cada tirada. O resto do xogo sería igual que o que facemos habitualmente.

 

ACTIVIDADE 2:

Imos traballar nesta actividade un concepto novo: as decenas. Agora xa todos sabemos contar ata 10, polo que podemos facer decenas con palillos ou calquera outro elemento que teñades na casa: Paus, depresores linguais, paus de xeado, etc. Teremos que unilos de 10 en 10 pero si non temos gomas para facelo como nos vídeos, podemos atalos con un fio, con tesafilm ou calquera outra cousa que se vos ocurra.

Para iniciarnos nesta actividade podemos ver nestes videos como podemos empezar a facer decenas: PINCHA NA IMAXE

https://www.youtube.com/watch?v=nTh-5914Od4

https://www.youtube.com/watch?time_continue=5&v=TAB3hNGzKD0&feature=emb_logo

 

Tamén podemos partir das decenas para realizar as sumas máis facilmente. Podemos velo neste vídeo:

https://www.youtube.com/watch?v=zLwq_QeDnJ4

 

 

ACTIVIDADE 3:

Imos comenzar a “quitar” ou restar, e imos a empezar restando con 10 elementos ou menos. Como sempre, esta actividade ten que ser lúdica e un exemplo do que podemos facer está nos seguintes vídeos:

https://www.youtube.com/watch?v=44rcxFFZckM

Evidentemente non temos que ter as galletas nin temos que ter o mónstruo. Soamente coller obxectos que teñamos pola casa e ir sacándoos según nos din os números.

Xa con nenos un pouco maiores poden eles, ademáis de restar, representalo:

https://www.youtube.com/watch?v=AQFPthK65fI

Para a representación podemos usar os números que xa temos utilizado para as actividades de outras semanas.

 

Esperamos que estas actividades vos gusten e vos sirvan para disfrutar un pouco máis dos números.

 

CÁLCULO ABN

CÁLCULO ABN

 

Esta semana imos a propoñervos unhas actividades fantásticas e algunas complementarias ás da semana pasada.

ACTIVIDADE 1:

Esta primeira actividade está relacionada coa última proposta da semana pasada. ¿Lembrades a representación da repartición de dous elementos en 2 recipientes?. Facíase nun “edificio” onde repartiamos o total de elementos (dous) entre as “habitacións” que tiña cada piso. Poñíamos no tellado o número de elementos que queiramos repartir (2) e os pisos que necesitemos para facelo. (Lembrade facer os números con duas cores: vermello para o lugar das decenas e azul para o lugar das unidades, 23 por exemplo).

Ben, nesta ocasión imos a aprobeitar todo o que fixemos e solo lle imos engadir un signo de sumar entre as dúas habitacións, como na foto:

Como podedes comprobar, o traballo anterior fainos entender o proceso da suma: neste caso temos que ter en cada piso 3 elementos e podemos repartilos como queiramos: tres máis cero, cero máis tres, un máis dous,…

Como sempre, esta actividade podemos complicala tanto como queiramos dependendo do nivel do noso fillo ou filla e poñer números máis altos.

Si xa somos uns expertos podemos facelo sin elementos que contar, so pensando co noso cerebro:

ACTIVIDADE 2:

Nesta actividade imos traballar o número anterior e posterior. Podemos comenzar vendo este vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=p39H3lmQrgU

Logo podemos facer un castelo como o que temos abaixo e irlle colocando no centro un número. Os rapaces e rapazas terán que colocar o anterior a ese número á esquerda e o posterior á dereita. Non é necesario máis de un castelo porque os números podemos usar os que xa temos feitos e ir poñendo e sacando (Non hai que escribilos no castelo nin necesitamos velcro para pegalos con poñelos encima é suficiente). Xa vedes que se pode complicar todo o que necesitedes. Lembrade facer os números con duas cores: vermello para o lugar das decenas e azul para o lugar das unidades, 23 por exemplo.

 

ACTIVIDADE 3:

Desta volta imos a falar da subitización que é a capacidade para recoñecer instantaneamente o número de elementos de un conxunto sin utilizar técnicas para contar. Utilízase para números relativamente pequenos e podemos engadir outras actividades como a de sumar que se ve neste vídeo.

https://www.youtube.com/watch?v=WVcE6cNvigs

CÁLCULO ABN

 

Unha semana máis imosvos a proponer unhas actividades que esperamos que vos resulten útiles para o voso día a día cos rapaces e rapazas.

 

ACTIVIDADE 1:

Nesta primeira actividade imos propoñervos traballar coa recta numérica outra vez. No vídeo que vos poñemos máis abaixo tendes como podedes usar os número da recta para xogar.

https://www.youtube.com/watch?v=8mf5PRPMDb4

 Propoñémosvos agora outras variantes:

 

Collede un papel e facede unha recta numérica sin números (solo os espacios en branco para poder completar) ata o número que o vós consideredes oportuno. Por outro lado collemos os número e desordenámolos. O rapaz ou rapaza terán que ir ordenándoos dentro da recta numérica sin números.

Tamén podemos poñer nós algún dos número na recta e logo darlle ós rapaces ou rapazas os que faltan por colocar e que eles completen a recta.

Podemos facer unha variante e xa non necesitaríamos a recta sin números. Para este xogo necesitamos os números postos boca a baixo e o que temos que facer é ir dándolle a volta un a un e imos a ir colocándoos de menor a maior (como na recta numérica) ou tamén podemos variar e poñelos de maior a menor.

 

ACTIVIDADE 2

 

Repartiremos elementos. Desta vez para a proposta necesitamos elementos para repartir en distintos recipientes. Nós eleximos 5 elementos e 2 recipientes pero vós podedes elexir o número que queirades e complicalo todo o que se necesite. A actividade consiste en repartir eses 5 elementos entre os dous recipientes. Poderemos facer o reparto de todas as formas posibles:

O importante, ó mesmo tempo que facemos a actividade é ir verbalizando o que está sucedendo, por exemplo, “Si temos dous elementos nun recipiente, quédannos 3 no outro recipiente”. Esta verbalización axuda ó rapaz ou rapaza a ir interiorizando o que sucede.

 

Podemos facer o mesmo execicio con distinto número de elementos e con distinto número de recipientes onde repartir.

 

Este exercicio compleméntase con outro que vos imos a propoñer a continuación.

 

 

 

ACTIVIDADE 3

 

 

É a representación do que fixemos no exercicio anterior, pero neste caso con so dous elementos para repartir en 2 recipientes. En casa piso do “edificio” repartimos o total de elementos (dous) entre as “habitacións” que ten cada piso.

 

Podemos poñer no tellado o número de elementos que queiramos repartir e os pisos que necesitemos para facelo.

 

Aquí presentamos o mesmo exercicio pero co número 10 e con outras actividades adicionais que podemos facer: https://www.youtube.com/watch?v=lqyAA-DUyu8

 

 

 

Esperamos que estas propostas vos sexan de axuda e lembrade que xa queda menos para vermonos.

 

 

 

 

CÁLCULO ABN

 

CÁLCULO ABN

Esta semana seguimos xogando cos números e imos empezar por unha actividade distinta, pero seguro que tan divertida como as anteriores.



ACTIVIDADE 1

Imos comenzar un novo mes, o de maio, e imos aproveitalo. Seguro que esta actividade lle fai ilusión ós peques porque en todas as clases usamos o calendario como un elemento máis co que traballar. Supoño que todos tendes na casa un calendario (e senon é moi doado de facer nunha folla). Podemos ir todos os días rodeando o número correspondente. Con este número podemos facer varias actividades, como por exemplo saber o seu nome, ir á recta numérica e contar ata que cheguemos a ese número, etc. Os primeiros son moi fáciles pero pouco a pouco vaise a ir complicando ata chegar a final de mes: o número 31. Lembrade sempre ata onde poden chegar os vosos fillos e fillas. Algúns chegarán a contar e coñecer ata o número 31 pero moitos (especialmente os máis pequenos) non serán capaces de facelo sos. Esto non implica que non se poda facer, claro que sí, pero coa axuda de un adulto: contamos xuntos, etc.



ACTIVIDADE 2

Imos agora a aproveitar a actividade da semana pasada na que fixemos unha recta numérica xigante. Pois imos a coller eses números para chegar á identificación de número e cantidade. Podemos empezar xogando coa montaxe. Os adultos podedes montar a recta mal e que sexan os nenos os que vos vaian correxindo. Tamén podemos darlle a eles os números e que a coloquen correctamente…

En cada número imos a colocar tantos obxectos como nos diga ese número. Si xa usamos números moi grandes, os obxectos quizais nos quiten a visibilidade de dito número polo que podemos poñer un recipiente ou unha folla debaixo de cada número onde poñer a cantidade que nos indica. Unha norma que tendes que ter en conta é que sexan os mesmos obxectos para todos os números. Non vale por exemplo usar para o número 1 unha boneca e para o tres pezas de un puzle.

Podedes ter xa un recipiente con este tipo de obxectos porque os imos a usar moito. Ideas hai moitas: palillos (que imos a utilizar máis adiante), pezas de construcción do mesmo tamaño, etc (xa sabedes que debedes usar o que teñades na casa e que sexa seguro para os rapaces).

ACTIVIDADE 3

 

A familia do …..

 Para esta actividade necesitamos unha ou varias casiñas como esta que podemos facer con un papel ou cartón. En cada cadrado imos a colocar a “familia” do número que poñamos no círculo do tellado. Empezaremos polos amigos do cero, polo que poñeremos no círculo do tellado o número cero e logo nos cadrados os números do 1 ó 9 empezando a colocar por orden de esquerda a dereita e de arriba abaixo (como podedes ver nos debuxos de abaixo). Esta actividade, como todas, pode ir complicándose ata onde os nenos e nenas podan ir facendo ata chegar á familia do 90.

Outra variante pode ser que os adultos lle demos colocados os números mal e que eles os vaian colocando ben e que vaian comentando o porqué están mal.

 

Como podedes ver que distinguimos dúas cores nos números que pasan da decena: o lugar das decenas son de cor vermello e o das unidades de cor negro. Esto é así porque logo traballaremos coas decenas e resultaranos moi cómodo ter feitos os números así.

 

Esperamos que estas actividades sexan moi entretidas e que vos sirvan para ter ideas coas que xogar cos nenos e nenas. 

 

2ª SEMANA: ABN

CÁLCULO ABN

 

                Outra semana máis imos a proponer actividades que esperamos que vos gusten e vos resulten útiles para disfrutar en familia.

ACTIVIDADE 1

                Imos esta vez a fabricar un puzle un pouco especial. Para realizalo necesitamos unha imaxen. Como sempre, podemos obtela de distintas fontes: un recorte de unha revista ou xornal, unha foto nosa, ou un debuxo precioso que fagan os/as peques.

                Si queremos que teña máis consistencia e nos dure máis tempo podemos pegala nunha superficie dura como unha cartulina ou un cartón.

                O seguinte que temos que facer son rectas verticais  da forma que podedes ver na foto que tendes na parte inferior. En cada rectángulo escribimos un número na parte de abaixo. Ó final temos que coller a tesoira e ir recortando polas liñas negras e así teriamos (no caso do debuxo de abaixo) 10 rectángulos que iríamos unindo,  empezando polo número mási pequeno e rematando polo maior para conseguir completar o puzle.   

Agora é onde se complica porque tendes que elexir os números dependendo do nivel dos vosos fillos e fillas. Para os mais pequenos podemos empezar polo número 1, pero para os maiores tendes vós que ver o niver dos vosos nenos e nenas. Podemos facer o traballo con debuxos máis grandes ou máis pequenos dependendo do que nós queiramos.

 

                Todo se pode  complicar e poñer os números ó revés, é decir, o primeiro rectángulo que teñamos que colocar tería escrito o número 19 (no caso do debuxo de abaixo) e o último o 10, ou calquera outra variedade que se vos ocurra. Lembrade que todo este proceso pódese facer cos peques: elexir o debuxo ou foto, pegala, facer os rectángulos, escribir os números,…

 

ACTIVIDADE 2

Nesta actividade necesitamos os números do 1 ó 10, pero do dez necesitamos once copias e ademáis necesitamos o 20. Como sempre, este números podémolos facer facilmente con papeis e un rotulador, lápiz,…

                Con esta actividades podemos amosarlles ós rapaces e rapazas como se van formándo os números. Si xa sabemos contar ata 10, imos ir colocando os números do 1 ó 10. Ésta é a decena. Logo, debaixo imos a colocar os números  10. Unha vez colocados como na primeira foto eles poden ver como a partir da decena e uníndoselle unidades, se forman os números 11, 12,….20. hai que ir colocando o número 1 enriba do cer do número 10 de abaixo del, o 2 enriba do cero do dez que está debaixo del, e así sucesivamente ata chegar ó dez que o sustituiremos polo 20 que serían dúas decenas.

                Pódese facer esta actividade con outros números máis complicados si os rapaces e rapazas teñen a capacidade para entendelo. Así, en lugar de colocar o 10 debaixo, colocaríamos o 20, 30, 40, …

 

ACTIVIDADE 3  

                Como vos vai coa recta numérica da semana pasada?, pois esta semana podemos facer unha xigante para poder xogar. Seguramente non temos na casa estes números, pero non importa porque con un folio ou anacos de cartón podemos escribilos nós e decoralos como queiramos.

 

                Este xogo consiste en ir saltando de número en número e ir decindo o número que imos pisando. Os máis pequenos e pequeñas podemos empezar do 1 ó 10, peor os maiores podemos poñer unha recta máis longa ou con números maiores. Podemos ir saltando para diante e decindo os números (estamos contando cara a diante), podemos saltar empezando no número maior e ir cara o máis pequeño (estamos contando para atrás). Podemos seguir complicando e preguntar si saltamos 2 números cara adiante, en qué número nos colocaríamos? (si vos dades conta xa estamos sumando). Si saltamos 1 número cara atrás, en qué número nos colocaríamos? (estamos restando).

 

Esperamos que estes xogos vos entreteñan moito, ó mesmo tempo que ides apendendo. Como sempre, moitos saúdos e lembrade que xa queda unha semana menos para vernos.

 

ABN

 

 

Benvidos a todos e a todas ó mundo do ABN!!!!!!

 

         Gustaríanos empezar este trimestre desexando que vos atopedes ben. Sabemos que están sendo momentos moi duros para todos e esperamos que remate todo o máis axiña posible. Mentras esto sigue, imos intentar traballar un pouco ó mesmo tempo que nos divertimos.  

 

Neste apartado imos traballar con ABN. As siglas de ABN significan “Aberto Basado en Números”. Esta metodoloxía coñecida xa polo alumnado do centro, é unha alternativa á ensinanza tradicional das matemáticas e que seguimos nas nosas aulas desde fai tempo. Trátase de acadar o mesmo resultado por un camiño alternativo. Imos Traballar as matemáticas dunha forma distinta para conseguir que o alumnado lle dé sentido ós números.

Outra das ventaxa de este método é que se adapta moi ben ós distintos niveis dos nenos e nenas. É moi manipulativo, polo que tamén é moi motivante. Para eles é un xogo e seguro que ás familias tamén vos gusta, por non decir ós vosos fillos e fillas maiores que estiveron no noso centro e ós que seguro que lles trae recordos.

Gustaríanos que tivésedes en conta que esto é simplemente unha suxerencia de actividades para que fagades nestes días nos que non nos imos a ver no cole e que non hai ninguna obriga de facelo. Esta pode ser unha “disculpa” para estar xuntos xogando e aprendendo. As actividades do ABN son infinitas e moi variadas ainda que para nós vai a ser un pouco complicado porque nos impuxemos unhas limitación na proposta de actividades como a de non incluir ninguna actividade que teñades que imprimir por si non tendes impresora. Todas se poderán facer  con lápiz, papel e un pouco de maña. Outra das limitacións (esta é a que nos recorta un número máis grande de actividades) é que imos a proponer actividades que se podan facer con material que pensemos que todos temos na casa, por exemplo pensamos que todos podemos ter pinzas da roupa, pero non todos temos velcro autoadhesivo. Si nos equivocamos e algún dos materiais non o tendes pensade sempre por cal o podedes sustituir. O importante non é o material senon o traballo que logo fagamos cos pequenos e pequeñas.

Queriamos indicarvos tamén, para non ter que facelo en todas as actividades, que donde poñamos que se pode facer con un folio ou papel, pódese utilizar calquera outro material que teñades á man: folios, cartulina, cartón de caixas valeiras, etc. Normalmente é mellor utilizar algo duro porque van a ser elementos que manipulemos moito e así serán máis resistentes e non se romperán tan facilmente.

Imos comenzar con actividades moi sinxelas para logo ir complicándoas co paso das semanas. Tamén hai que ter en conta que cada actividade que aquí se poña hai que adaptala ó nivel do voso neno ou nena, pero xa veredes que é moi faciliño. Por exemplo, xa sabedes que a un neno ou nena de 3 anos vaille a resultar case imposible facer unha actividade con números como o 60 ou 70, igual que para nenos de 5 anos lle resultará aburrido facer actividades co número 2 ou 3 porque o ten moi superado. Vós, mellor que ninguén, sabedes ata onde pode chegar o voso ou vosa peque.

 

ACTIVIDADE 1

Podemos comenzar por algo que temos en todas as aulas do cole e que se chama “RECTA NUMÉRICA”. Seguro que si lle preguntades ós vosos fillos e fillas vos explican o que é. Podedes ver un exemplo na figura 1 que acompaña a este texto. Aquí está dividida en anacos para que poda entrar na páxina pero nós imos a usala unida. Nós na clase témola nunha parede para poder usala sempre que a necesitamos. Vai a ser algo útil ó logo destes días xa que a imos usar moito. Para facela podedes cortar tiras de papel e delimitar uns cadrados onde os rapaces e rapazas maiores, coa vosa axuda, poden ir escribindo os números empezando no número un e rematando onde creades convinte. Ó mellor os máis pequenos non son capaces de escribilos e teremos os adultos que facelo. Como dixemos antes, pensade ata onde pode chegar os voso fillo ou filla contando e escribindo números. Non hai problema si nos quedamos cortos porque sempre podemos ampliala pegándolle outra tira. Na foto empeza no un e remata no 100.

 

ACTIVIDADE 2

Nesta segunda actividad imos a fixarnos na figura número 2. Imos a demostrar o ben que debuxamos! Recortaremos uns rectángulos e en cada rectángulo os rapaces e rapazas debuxarán e pintaran unha cara (lembrade: sin pelo). Pode ser a cara de mamá, papá, Bob Esponja, Supermán… imaxinación ó poder !!!. Logo escribiráselle un número e éste será o número de pelos que lle poñerán á cabeza. Como pelos poderemos usar pinzas de roupa.

Esta actividade podemos complicala todo o que queiramos porque podemos poñer números máis grandes ou máis pequenos. Tamén podemos complícalo facendo preguntas tales como: qué número de pelos tería esta cabeza si lle sacamos un pelo?, cántos pelos tería si lle poñemos 5 máis?. Sempre comprobaremos o resultado sacando ou poñendo o número de pinzas das que estamos falando. Si non sabemos a resposta a estas preguntas podemos ir á nosa recta numérica e comprobalo, por exemplo: temos unha cabeza co número 3 e poñemos tres pinzas. Si preguntamos: cántos pelos teriamos si sacamos un? e non saben a resposta iran á recta numérica e contaran ata o 3. Logo, como temos que sacar 1, contaremos cara á esquerda (cara atrás) un posto e quedaríamos no 2 que sería a resposta correcta. Vedes xa a utilidade desta recta numérica?

Non temos que facer moitas cabezas porque o que podemos é cambiar o número ás cabezas que xa temos. Podemos, por exemplo, pegarlle un anaco de papel por encima do número e escribir outro número distinto.

 

 

ACTIVIDADE 3

Creo que por esta semana xa basta de recortar, escribir, debuxar,… imos xogar coa baralla. Espero que teñades unha na casa. Con ela imos a elexir un dos paus, por exemplo copas, e collemos todas as copas da baralla (Lembrade adaptarvos ós coñecementos dos vosos peques).

-Poden ordenar de menor a maior as cartas ou de maior a menor.

-Outra posibilidade é que estén todas ordenadas menos unha que teremos reservada e que lla daremos a eles para colocala no lugar que lle corresponde polo seu número.

-Podemos poñerlle as cartas ordenadas pero que falte unha carta e que eles adiviñen que número é o que falta.

Como xa dixemos estas son soamente suxerencias para que xoguedes aprendendo. Esperamos que vos resulten útiles. A semana que ven teremos máis actividades coas que disfrutar.

 

 

Ánimo para todos que esto pasará pronto e un gran abrazo, ainda que sexa virtual. Xa queda menos para que nos vexamos!!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut